Lete pon en marcha o protocolo para a náutica
lll
17º-23º

Lete pon en marcha o protocolo para a náutica

Lete pon en marcha o protocolo para a náutica
deporte campeón-2020-05-24-063-4201da17

Usuario

A Secretaría Xeral para o Deporte continua coa súa serie de encontros virtuais con todo o tecido deportivo galego para estudar as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus no eido deportivo. Esta semana foi a quenda das federacións deportivas galegas de motociclismo, motonáutica, xadrez, tiro con arco, tiro olímpico, tenis de mesa, pádel, tenis, kung fu e kickboxing, ademais dunha xuntanza global con todas as federacións náuticas.

Con todas elas, o secretario xeral abordou a súa situación financeira e principais necesidades, ademais de avanzar no Plan de Reactivación do Deporte Galego cuxa ferramenta Fisicovid-DxtGalego xa está en marcha para a identificación de situacións de contaxio na práctica do deporte galego. O secretario xeral gabou a responsabilidade e o traballo das federacións deportivas galegas que, na súa maioría, xa contan cun protocolo propio de volta á actividade.

Reunión coas federacións de deportes náuticos

As federacións deportivas de actividades subacuáticas, motonáutica, vela, piragüismo, natación, salvamento e socorrismo, esquí náutico, remo, surf así como a UFEDEGA, foron informadas das diferentes reunións da Xunta de Galicia co CSD e a falta de resposta desta institución ante as cuestións expostas desde Galicia. Deste xeito, Secretaría Xeral e federacións acordaron traballar nun protocolo de volta á actividade para os deporte náuticos xa que o CSD non é consciente desta realidade e necesidade do deporte galego. “Elaboraremos un protocolo marco para todos os deportes náuticos e de auga porque en breve poderán desenvolver a súa actividade”.

Lete Lasa e o presidente da federación galega, José Canda, analizaron a situación do motociclismo galego que ata o de agora só puido levar a cabo o Campionato do mundo de  Superenduro realizado en xaneiro. A situación actual impide realizar o resto de campionatos previstos.

Lete pon en marcha o protocolo para a náutica

Te puede interesar