Un 11 de marzo para a historia
lll
17º-23º

Un 11 de marzo para a historia

Un 11 de marzo para a historia
A selección celebrou o título no campo das Rozas | futgal

Usuario

Un 11 de marzo para a historia. A Selección Galega de Afeccionados proclamouse na Cidade do Fútbol de Las Rozas, un escenario para os elixidos, campioa da XII Copa das Rexións UEFA. O combinado galego que prepara Iván Cancela alcanzou a gloria tras doblegar na gran final á potente Andalucía (0-2) grazas aos goles nesta gran final de Carlos López e Yelco. Nomes propios aparte, e ao igual que acontecera na semifinal ante Baleares, o equipo foi máis equipo que nunca e outra vitoria coral serviu para que o tan desexado trofeo viaxe cara a nosa terra.

En Madrid repetiuse a mesma historia de fai 10 anos. Entón, na tempada 2009/2010 e en Portonovo, a Selección Galega conquistara a súa primeira Copa das Rexións UEFA tras derrotar na gran final precisamente a Andalucía. No 2020, os nosos voltan a facer historia.

A gran final foi un cúmulo de sensacións. De inicio o respecto entre os dous equipos foi a nota predominante. Os nosos eran conscientes de que debían de facer un partido longo, ir madurando a contenda para tentar así facer dano o colectivo andaluz.

O elenco dirixido por Iván Cancela optou por esperar a súa oportunidade e buscar o tesouro á contra. E precisamente así chegou a primeira chegada clara da gran final. Tivo Adri Castro o 0-1 nas súas botas no minuto 8, pero o seu disparo no man a man co gardameta andaluz marchouse fóra por moi pouco.

A igualdade seguiu sendo a tónica predominante, aínda que Galicia atopábase máis cómoda sobre o terreo de xogo. Os nosos esperaron o seu momento e en dous momentos psicolóxicos dinamitaron a gran final. Xusto antes do descanso, no minuto 43, Carlos López puxo por diante a Galicia ao aproveitarse dun rexeite coa cabeza do gardameta andaluz Francisco. A Selección Galega golpeaba primeiro e marchaba ao descanso dominando no electrónico.

E se o gol de Carlos foi psicolóxico, o golpe para Andalucía aínda foi peor no minuto 49 do envite. Na primeira chegada clara de Galicia na segunda parte apareceu Yelco para anotar o 0-2. O futbolista galego finalizou unha contra de libro para achegar a Galicia ao tan ansiado título.

Andalucía acusou o dobre golpe e Galicia xogou o resto da segunda parte co crono. As altas temperaturas na capital de España, uns 25 graos, e o desgaste físico das semifinais empezaron a facer efecto nas pernas dos xogadores.

Malia ao esforzo, o combinado galego non baixou a garda e mantivo a súa seriedade e concentración para alcanzar a gloria. Somos campións de España. Isto vai para todo o fútbol galego.

Un 11 de marzo para a historia do noso deporte rei. l

Un 11 de marzo para a historia

Te puede interesar