Hadrián Rama: “Non fomos quen de inquedar ao Estradense en todo o partido”
lll
17º-23º

Hadrián Rama: “Non fomos quen de inquedar ao Estradense en todo o partido”

Hadrián Rama: “Non fomos quen de inquedar ao Estradense en todo o partido”
26 noviembre 2018 Fútbol Tercera División Temporada 2018-2019 Laracha-Paiosaco 1-1

Usuario

O Paiosaco sufriu a primeira derrota da tempada na segunda xornada, no campo dun recén ascendido como é o Estradense. O gardamallas Hadrián Rama fixo un partido case perfecto. Só encaixou desde os once metros a falta de cinco minutos para o final.

 

Foi xusta a derrota na Estrada?

Sendo honesto, a derrota foi xusta. O Estradense tivo moitas ocasións e moi claras. Nós, por contra, non fomos quen de inquedalos en ningún momento. Aguantamos un chaparrón durante 85 minutos.

 

En que aspectos do xogo estivo mal o Paiosaco?

Non gañamos practicamente ningunha disputa individual nin os segundos balóns e. iso nun partido ‘de choque’, é vital.  Non fomos o bloque que acostumamos ser e estivemos divididos en dous.  Os vulnerables da defensa e os desaparecidos en ataque.  

 

Que fixo mellor o Estradense para acadar os tres puntos?

Estiveron enchufados desde o pitido inicial. Así foi que xa no minuto 1 dispuxeron dun man a man. O Estradense foi o Paiosaco que todos queremos ver, pelexou e praticamente gañou todos os balóns divididos, foi contudente en defensa sen riscos inecesarios e con moita intensidade e ambición durante os 90 minutos.

 

Pode considerarse unha sorpresa que o Estradense gañase ao Paiosaco?

O Estradense non é peor equipo que o Paiosaco. Non hai que olvidarse que, aínda non sexamos un equipo recén ascendido, somos o igual ca eles, uns “invitados a categoría”.

 

Que impresión che causou o Estradense?

Gustáronme moito en canto a actitude e a intensidade no partido.  Son moi intelixentes porque camuflan moi ben as súas carencias. Non xogan un balón do medio de campo para atrás porque  non teñen futbolistas para iso e arriba rematan todo, como sexa, para evitar contraataques.

 

Será moi difícil gañar no seu campo?

Seguramente si. Se manteñen durante toda a tempada o que vimos o domingo, non van perder moitos partidos na súa casa. Sempre é difícil xogar fóra do teu feudo en Terceira División e máis contra equipos con tanta predisposición.  

 

Dúas xornadas e un só punto. Que valoración fas dos dous primeiros partidos de liga?

É moi cedo para sacar conclusións, pero debemos ser conscientes de que temos que dar máis, moito máis…. Sendo  positivos, levamos só dous goles en contra en dúas accions con fallos defensivos moi grandes pero corrixibles. Foron dous fallos puntuais que se poden solucionar a curto prazo.

 

Merecíades algún punto máis?

Seguramente fronte ao Ourense puidemos levar os tres puntos, pero hai que pensar nos puntos que quedan por facer. Chorar por os puntos perdidos non vale de nada.

 

Que nota lle das ao xogo do Paiosaco ata agora?

Un 5 escaso. Temos moita marxe de mellora e estou convencido que nas vindeiras semanas melloraremos notablemente o  noso xogo.

Que diferencias hai co equipo da pasada campaña?

Practicamente ninguna. O groso da plantilla é o mesmo e as ideas tamén. Perdemos xente importante como Bilal ou Javi Fuentes, pero os que viñeron suplir estas ausencias están a poñer da súa parte para adaptarse o antes posible ao noso tipo de xogo.

 

Como estás a atoparte a nivel persoal neste inicio de liga?

O certo é  que moi ben. Estou a encontrarme a gusto e confiado. Estou nun punto que nunca imaxinei na miña vida: preocúpame máis o que pensen de min os adestradores e compañeiros como persoa ou capitán que como porteiro. Tal vez esa presión deportiva que me quitei de enriba é a que me está axudando a que me sain mellor as cousas nos últimos meses de competición.

 

Tiveches máis traballo do que deberías ter na Estrada?

Posiblemente. Saiume un partido moi completo. Só quería aguantar o resultado e traer un punto para Paiosaco como fose. Cando che marcan de penalti practicamente sobre a bocina é unha impotencia enorme e é cando te das conta de que todo o traballo  feito durante 85 minutos non valeu absolutamente para nada.

 

Titular nas dúas primeiras xornadas. Segues a notar a confianza do míster?

A confianza de Juan noteina sempre. Fíxome debutar en Terceira División e xogar en campos históricos. Sería incomprensible  que non lle estivese eternamente agradecido.

Levo 12 anos deixándome a vida polo Paiosaco e ao clube non lle foi nada mal comigo na portería. Teño 28 anos e máis ganas que nunca pero se nalgún momento Juan cre que non debo ser eu quen defenda a porteira merece que respete a súa opinión.

 

O obxectivo do equipo volverá ser a permanencia ou poderá ser unha tempada máis tranquila que a anterior?

Sendo realista agora mesmo seguimos sendo un equipo para loitar pola permanencia, pero temos que seguir loitando en todos os partidos e poñendo da nosa parte para non facelo o último día

Hadrián Rama: “Non fomos quen de inquedar ao Estradense en todo o partido”

Te puede interesar