O campión do mundo, gran atractivo da proba
lll
17º-23º

O campión do mundo, gran atractivo da proba

O campión do mundo, gran atractivo da proba
José Manuel Sande e Isidoro Hornillos participaron no acto de presentación da proba, celebrado no Concello da Coruña | aec

Usuario

A XXXII edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez, que celebrarase mañán, foi presentado onte no Concello da Coruña, un acto onde o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, falou dun “dos grandes escaparates mundiais da marcha atlética”.
A proba contará con moitos deportistas internacionais, entre os que destacan o equipo de Xapón, o campión do mundo, o colombián Eider Arévalo, ou as brasileiras Elianay Santana e Cisiane Dutra. 

Tradición
Sande valorou positivamente o desenvolvemento do evento, “unha proba internacional e consolidada que pon de manifesto a tradición atlética e deportiva da Coruña, cidade na que se dan cita numerosas probas ao longo do ano, tanto populares como profesionais”.

A competición, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo (FGA), desenvolverase nun circuíto de 1.000 metros entre o Cantón Pequeno, o Cantón Grande e a avenida da Mariña, que terá no Obelisco a súa saída e meta. A proba feminina de 20 quilómetros do Trofeo Sergio Vázquez comezará ás 18.30 horas, mentres que a masculina, da mesma distancia, iniciarase ás 18.50. Desde as 16.30 terá lugar o Trofeo Josefina Romero, no que participarán os atletas das categorías ibenxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
O Gran Premio dos Cantóns, que puntuará para o XVI Challenge Mundial, “suscitará grande interese entre as e os afeccionados”, sinalou o presidente da FGA, Isidoro Hornillos, “xa que permitirá outorgar as últimas prazas, a nivel estatal, para asistir a probas como o Campionato de Europa de Berlín, e servirá tamén de preparación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020”. 

A este respecto, Hornillos puntualizou que, nestes 32 anos da proba, “pola Coruña pasaron máis de 35 medallistas e participantes nas olimpiadas O circuíto coruñés é, sen dúbida, tanto polas súas características como polo acompañamento do público, un dos mellores a nivel mundial para a acadar bos rexistros”, suliñou o presidente da FGA, quen destacou o compromiso do goberno local co atletismo.

Marcha solidaria
Ademais, por segundo ano consecutivo, co obxectivo de favorecer a participación e a práctica deportiva saudable, ademais da visibilización deste deporte, o GP estará precedido pola II Marcha Popular Solidaria, unha proba aberta, sen límite de idade, na que aos participantes poderán camiñar ou marchar nun circuíto de 2.000 metros con saída e meta no Obelisco e cuxos beneficios destinaranse á Cociña Económica. 

A inscrición nesta marcha solidaria poderase formalizar, de forma virtual, até hoxe, en www.carreirasgalegas.com. De xeito presencial, poderase realizar tamén o mesmo día da proba, na secretaría da FGA habilitada nas inmediacións da saída. Os adultos aboarán unha cota de 5 euros, mentres que para as e os menores de idade esta será de 3 euros.

Mañán, este diario ofreceralles o dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración destas probas.

O campión do mundo, gran atractivo da proba

Te puede interesar