A Selección Galega sub-16 fixo os deberes. O combinado que dirixe Jesús López estreou con nota esta primeira xornada da segunda fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Os galegos sentenciaron practicamente o choque durante os primeiros 40 minutos grazas aos tantos de Robert Carril, de penalti, e a un dobrete de Martín.
Galicia amosou a súa superioridade desde o primeiro minuto e o partido púxoselle moi de fronte no minuto 5 grazas ao 0-1 obra de Robert Carril desde o punto de penalti. Xogando a favor de marcador Galicia demostrou todo o seu potencial e talento. Foi crecendo co paso dos minutos e no minuto 27 puxo terra polo medio grazas ao tanto de Martín.
Antes do descanso, Martín asinaría un dobrete. Co 0-3 chegouse ao intermedio. A segunda metade tivo menos ritmo. Na recta final do partido Martín anotaría un ‘hat-trick’ e David Mella sumouse á festa galega firmando o 0-5.
Importancia de Izan no triunfo da sub-14 ante Estremadura
Tres de tres para sumar un total de 9 puntos e coquetear coa Fase Final. A Selección Galega Sub 14 estreouse ao grande nesta segunda fase do Campionato de España que se disputa en Oira.
Os galegos deixaron encarrilada a contenda na primeira parte grazas aos goles de Izan, de penalti, e de Manu. No engadido da segunda volveu aparecer Izan para redondear o marcador.
O primeiro gol dos irmandiños chegou no minuto 3 grazas a unha pena máxima transformada por Izan. Ao mediocentro galego non lle tremeron as pernas desde os 11 metros.
O elenco galego non se conformou co 0-1 e foi a por máis. Acabou atopando o premio tres minutos máis tarde, no 6, co 0-2 que levou a firma de Manu. O centrocampista galego remachou ao fondo da rede un magnífico servizo desde a banda esquerda de Martín, que culminaba con esa asistencia unha acción individual de moitos quilates.
Na recta final do partido apareceu unha vez máis Izan para anotar o 0-3 definitivo cun zapatazo desde fóra da área.