Quince días máis de espera
lll
17º-23º

Quince días máis de espera

Quince días máis de espera
Lete (no centro) e Louzán (d), nunha imaxe de arquivo durante unha reunión | futgal

Usuario

Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e da Unión de Federacións Deportivas de Galicia (Ufedega), participou o martes nunha reunión co secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, á cal asistiron tamén outros presidentes de federacións galegas de deportes colectivos e de contacto. Unha xuntanza na que se volveu analizar a situación actual e na que Louzán e os demais presidentes trasladaron a Lete Lasa a súa preocupación pola incertidume que vive o deporte galego nestes tempos.

Os responsables da Secretaría Xeral para o Deporte e das federacións deportivas galegas acordaron reactivar os grupos de traballo na procura dun modelo común para retomar a actividade deportiva autonómica axustada ao escenario actual e volvéronse citar dentro de quince días para, na medida do posible, comezar a implementar novas medidas que permitan avanzar cara a recuperación da normalidade.

Louzán insistiu na necesidade de retomar a actividade e a competición, tal e como solicitan os clubs, remarcando que son moitas as familias que dependen directamente do fútbol e do deporte en xeral en Galicia. Pero remarcou igualmente que “esa volta á actividade ten que vir dictada polas autoridades sanitarias en base á evolución da pandemia”, pois a competición debe retomarse “coas máximas garantías sanitarias e cun protocolo homoxéneo”.

Un plan traballado
Indicou tamén o presidente da RFGF que unha vez pasados esos quince días e no caso de que se dean as condicións e os protocolos para retomar a actividade, “a Federación xa ten todo o plan competicional traballado e programado para dar un prazo de cinco ou seis semanas de preparación previa ao inicio das diferentes competicións”.

Quince días máis de espera

Te puede interesar