Alí, salientou que o deporte “sempre desperta interese, ten capacidade de sorprender, de emocionar, de motivar e de acadar beneficios para a sociedade, é desenvolvemento social, desenvolvemento económico e xera unha imaxe positiva”.
Míguez definiu Sportur coma “un imán para todos os que coma nós saben que a actividade deportiva é a plataforma sobre a que se tece unha sociedade de futuro”.