Unha carreira e moito máis
lll
17º-23º

Unha carreira e moito máis

Unha carreira e moito máis
24 marzo 2019 Atletismo Cuarta prueba puntuable para el circuito Coruña Corre 2018/2019, la Carrera Torre de Hércules

Usuario

O circuíto dos arredores da Torre de Hércules acollerá na noite do día 28 a décima edición da Carreira Popular Torre de Hércules e a segunda Andaina Solidaria #Querémonosvivas. 

A organización manterá aberta ata o día 22 a inscrición, que é gratuíta para os menores de idade, mentres que os adultos deberán pagar dous euros. As persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do carné xove só deberán aboar un euro. 

Esta inscrición pode realizarse de forma telemática a través das webs www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com. 

A inscrición nesta proba entra dentro da do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre do ano 2020. O día 22 rematará tamén o prazo de inscrición neste circuíto. 

A proba conta xa con máis de 200 persoas inscritas nas diferentes categorías: Peques (non competitiva), Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18 e Absoluta, ademais da Andaina Solidaria. Os máis cativos só correrán 150 metros, mentres que os participantes de ata 12 anos farán 800 metros. Os de 14 correrán 1.600 metros e os 16 e 18 terán unha proba de 2.400 metros. A categoría absoluta e a Andaina Solidaria terán pola súa banda un percorrido de 6.625 metros. 

O horario de saída das carreiras comezará ás 17.30 horas coa dos Peques, tras a que sairán o resto das categorías de forma sucesiva ata que ás 20.30 saia a absoluta, que será seguida cinco minutos despois pola Andaina Solidaria. 

A carreira forma parte da programación do Dia Internacional das mulleres, celebrado onte, e trata de darlle visibilidade á Igualdade dentro do deporte así como ao rexeitamento á violencia de xénero. Ademais, é a única carreira solidaria organizada polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. 

Investigación
O Concello pretende recadar fondos que irán destinados á investigación contra o cancro. No año 2019 recadáronse 9.744 euros para esta finalidade. Neste ano o obxectivo é ampliar esa cifra. As persoas que desexen facer unha doazón recibirán de regalo unha camiseta. Admitiranse doazóns dende 3 euros. As doazóns pódense facer na páxina web á hora de inscribirse ou ben depositalas directamente nunha urna o día da carreira. 

Por outra banda, os dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da Torre o 27 de marzo de 17.00 a 21.30 horas e o 28 dende as 10.00 horas e ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

Todas as persoas que participen na Andaina Solidaria levarán o dorsal 261 en homenaxe a Katherine V. Switzer, a primeira muller que en 1967 correu un maratón cur dorsal oficial identificado con este número. Foi no Maratón de Boston. Katherine apuntouse no maratón coas súas iniciais e non se deron conta da presenza dunha muller ata unha hora despois de empezar a carreira. Este foi o punto de partida para que as mulleres puidesen participar en carreiras de longa duración. 

Finalmente, haberá servizo de duchas e vestiario o día da carreira na Cidade Deportiva da Torre para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 20.00 horas, ademais dun servizo da gardarroupa no frontón do mesmo complexo de 19.30 a 22.15.

Unha carreira e moito máis

Te puede interesar