Oito quilómetros que porán a proba ós participantes
lll
17º-23º

Oito quilómetros que porán a proba ós participantes

Oito quilómetros que porán a proba ós participantes
Deporte Campeón-2018-07-04-024-60f7c655

Usuario

O acto contou coa presenza do deputado provincial responsable da Área de Deportes, José García Liñares, a concelleira de turismo de As Pontes, Ana Pena, o concelleiro de deportes, Chicho Tembrás, o presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, e o secretario do club Juan Antonio Carballo.
 A Samurai Xtreme Race desafía aos participantes a conquistar obstáculos extremos e terreo duro, nunha carreira de 8 quilómetros de distancia coa saída e a meta nun entorno natural con vistas espectaculares ao Lago de As Pontes. En total, serán 44 os obstáculos que se repartirán por todo o recorrido cunha separación máxima entre eles de 500 metros.
A carreira estará limitada a 14 quendas de 100 corredores. Cada vinte minutos tomará a saída un grupo de 100 participantes, comezando a primeira quenda ás 11 e rematando a última ás 17.40 horas, cun tempo estimado total de oito horas.
Ao rematar a proba, cada participante recibirá unha camiseta finisher orixinal, a medalla finisher, o avituallamento post-carrera e agasallos ofrecidos polos patrocinadores. Haberá un trofeo especial para os tres primeiros clasificados, así coma os tres primeiros equipos que consigan sumar o menor tempo posible.
Nesta edición, tamén terán sitio os máis pequenos. Os nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, poderán disfrutar da Samurai Junior Race, que se realizará nas zonas verdes ao lado da praia do Lago, e que xorde co obxectivo de promover a aventura e inculcar un estilo de vida saudable. Ata o momento, xa son máis de 300 rapaces e rapazas os que participarán nesta proba na que se poden inscribir ata media hora antes do inicio da mesma.
Todo o recadado na proba infantil será a favor do proxecto COPPADIS, un estudio para a mellora da calidade de vida dos pacientes de Parkinson.

Oito quilómetros que porán a proba ós participantes

Te puede interesar