Fernando Varela, centrocampista del Montañeros, disputó su segundo partido como titular en el presente curso coincidiendo con el debut del entrenador Moisés Pereiro en el banquillo morado. El malpicán analizó los recientes cambios en el club y la derrota ante el Boiro (0-1) que mantiene al cuadro coruñés como colista.
Foi xusto o 0-1 favorable ao Boiro no último partido?
Penso que o máis xusto sería un empate.
E a expulsión a Juan no minuto 20 de partido?
Foi unha xogada moi rigorosa pola situación de partido e porque non era unha ocasión tan sumamente clara. Foi máis claro o primeiro gol legal noso, que o árbitro lle anulou a Hugo, que a expulsión a Juan.
Condicionou moito ao Monta xogar en inferioridade ou se adaptou ben ao partido?
Xogar tanto tempo cun xogador menos, e máis se cabe cando na xogada da expulsión márcannos o primeiro gol, para calquera equipo é complicado e condiciónao moito.
Crees que, noutras circunstancias, o remate de Kevin no minuto 90 acabaría en gol?
Todo o mundo xa sabe que cando tes todo en contra, ata as ocasións claras, aínda que as finalices ben, non entran. O que temos que facer é traballar para provocar moitas máis ocasións como esas.
Como foi a última semana para os futbolistas?
Foi unha semana na que puxemos todo o foco en adestrar ben e tentar gañarlle ao Boiro.
Que quere Moisés Pereiro a nivel de xogo?
Moisés o que nos pide é que teñamos personalidade e intensidade tanto con balón como sen el, e sobre todo moita motivación e ganas de reverter esta situación.
O equipo segue no último posto. Como está o Montañeros a nivel anímico?
Estamos con bastante impotencia por esta situación, pero imos dalo todo para cambiar esta dinámica.
Nos últimos catro partidos, o equipo só marcou un gol. Cal é o problema ofensivo?
O acerto de cara a gol e a toma de decisións nos metros finais. Quizais esta última faceta é na que máis temos que mellorar.
Segundo partido como titular nesta tempada. Está a ser un inicio difícil a nivel individual?
O comezo está a ser difícil. Por unha banda porque me perdín os seis ou sete primeiros partidos da tempada por lesión e pouco a pouco teño que ir collendo forma. E segundo e máis importante, pola situación clasificatoria.
Que lle pediu Moisés a Fernando no encontro fronte ao Boiro?
Personalidade con balón e moito traballo.