Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Manuel Ruiz

José Ramón Lete destaca a histórica presenza de Adrián Mosquera nos Xogos

Neste sentido, asegurou que a clasificación acadada por Adrián Mosquera para os Xogos Paralímpicos na categoría VL3 200 metros tras gañar a medalla de ouro na Copa do Muno de Szeged (Hungría) no pasado mes de maio, converte ao de Rianxo no primeiro padexeiro galego en disputar uns Xogos Paralímpicos e tamén, “nun novo referente do piragüismo galego para o mundo”.Lete Lasa asegurou que a Xunta acompañará a Adrián Mosquera nos Xogos Paralímpicos como demostra a Axuda Reto Galicia-Tokio con Igualdade cunha contía de 5.000 euros; ademais no ano 2020, Mosquera recibiu unha bolsa de 1.500 euros como deportista galego de alto nivel.Por outro lado, Lete Lasa, asinou co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, o convenio de colaboración para acometer a execución das obras de ampliación e mellora do complexo deportivo de A Fieiteira cun investimento de máis dun millón de euros (1.039.982,53).