Imprimir

Yago Iglesias: “Deronnos paos por todos lados e agora somos a envexa”

Redacción | 27 de julio de 2020

estadio
Abanca Balaídos
foi testemuña da
eufórica celebración
da Sociedade
Deportiva Compostela,
que regresará
a Segunda B catro
despois do seu
último descenso.
| FUTGAL
estadio Abanca Balaídos foi testemuña da eufórica celebración da Sociedade Deportiva Compostela, que regresará a Segunda B catro despois do seu último descenso. | FUTGAL
O adestrador do Compos lembra as críticas nos primeiros anos

O Compostela xa é de Segunda División B. A terceira foi a vencida para o equipo santiagués despois de dúas fases de ascenso consecutivas sen éxito. O empate valeulle a ‘esedé’ fronte ao Ourense en Balaídos e o regreso á categoría de bronce é o colofón para un proxecto de catro anos baixo a dirección de Yago Iglesias.

O adestrador ribeirense non olvidou as críticas en pasadas tempadas ao seu estilo de xogo e a fiabilidade do proxecto: “Nos primeiros anos nos deron paos por todos os lados, pero agora somos a envexa de calquera”, lembrou en rolda de prensa tralo éxito do seu equipo.

“Fomos o Compostela recoñecible, ese equipo de posesións largas, que xoga arriba e que someteu ao rival, e a este rival”, abundou o técnico, que recoñeceu as dificultades para sacar a eliminatoria adiante tras encaixar o 0-1 nos primeiros minutos: “Non era o guion esperado. Sacamos orgullo e raza cando nos puxeron contra as cordas”.

Iglesias recordou aos xogadores que pasaron polo Compostela desde a súa chegada e tamén a todos os integrantes do seu corpo técnico: “PEstou orgullosísimo de todos os xogadores que pasaron nos últimos catro anos pola SD Compostela. Isto non e só meu, senón dun corpo técnico que leva traballando conmigo moitos anos”.

O adestrador mostrou o seu desexo de continuar no equipo a vindeira campaña, pero “haberá que sentarse e falar”, avisou.

Pola súa banda, Pablo Antas, que transformou o penalti que valeu o ascenso, detallou o momento do lanzamento: “Antes de tirar, pregunteille a Primo, e tirei con confianza e estaba confiado de marcar”.

O mediocentro expresou a súa intención de seguir un ano máis en Santiago: “Este non é o colofón, senón un paso máis na historia do Compos. Hai unha base moi boa e este equipo ten que seguir crecendo”.

Álvaro Casas, o capitán do conxunto santiagués, valorou a consecución do obxectio: "Levamos traballando moito tempo e despois de catro anos, aínda que fose sufrindo, por fin o conseguimos”.

O Compos volve a seu hábitat natural, é de Segunda B. l

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noso-futbol/yago-iglesias-deronnos-paos-todos-lados-agora-somos-envexa/20200727000237053797.html


© 2020 DXT Campeón

DXT Campeón
Primer Diario Deportivo de Galicia, todos los días en tu kiosco desde 1995