Salvagarda de valores
lll
17º-23º

Salvagarda de valores

Salvagarda de valores
11,00 h.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidirá a segunda xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia. Na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madri

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu onte a segunda xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia da que destacou a súa “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”. “Hai unha radical incompatibilidade entre deporte e calquera forma de violencia polo que debemos actuar con contundencia e con firmeza pero tamén desde o sosego e a proporcionalidade”, sentenciou.

Na reunión mantida nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública estudáronse dez feitos relacionados con actitudes violentas nas competicións deportivas de Galicia producidos nas últimas datas. Deste xeito, resolveuse a apertura de catro expedientes sancionadores e seis dilixencias previas co obxecto de identificar ás persoas responsables dos devanditos feitos. 

Casos analizados
Os casos analizados foron as agresións dun espectador nun partido de fútbol de veteranos Compostela-Muebles Guadalupe de Boiro; increpacións a un colexiado no campo de fútbol de Cabreche na Pobra do Caramiñal;  increpacións a un árbitro no campo de fútbol de Paiosaco na Laracha; conduta discriminatoria por razón de sexo sobre unha menor de idade categoría alevín no campo municipal de Laxe; conduta racista sobre un árbitro de fútbol no campo municipal de Viveiro; pelexa na grada entre pais e nais no campo da Xunqueira; agresión a un médico que ía atender a un árbitro no campo da Torre da Coruña e, por último, enfrontamento dun técnico co público no partido de fútbol 8 da Liga Feminina en Betanzos. 

José Ramón Lete Lasa advertiu que “debemos mandar unha mensaxe clara de tolerancia cero fronte a calquera conduta violenta no deporte pero sen criminalizar ao conxunto do deporte galego”. 

De feito, segundo os datos da Comisión estatal contra la violencia en el deporte do Consejo Superior de Deportes na tempada 2017-2018 Galicia rexistrou un 1,87% de competicións deportivas de ámbito estatal con incidentes violentos, unha porcentaxe inferior á media de todo o conxunto do Estado que se sitúa no 2,41%.

Nas súas verbas destacou tamén a importancia de traballar na “formación, sensibilización e prevención” para o que pediu a colaboración de todos os membros da Comisión e do tecido deportivo de Galicia. Neste sentido informou que neste momento “estase a tramitar unha modificación do decreto 63/2018 á fin de dar entrada na Comisión a representantes dos clubs deportivos de Galicia que deben xogar un papel importante nesta común tarefa do deporte sen violencia”.

Do mesmo xeito o mandatario galego anunciou da inclusión nos vindeiros recoñecementos deportivos como os Premios do Deporte Galego 2018 do Premio ao Xogo Limpo polo que se recoñecerán persoas ou entidades que demostren ou fomenten unha excelente conduta e actividade deportiva.

Salvagarda de valores

Te puede interesar