A primeira edición terá lugar na contorna da Torre o 24 de marzo
lll
17º-23º

A primeira edición terá lugar na contorna da Torre o 24 de marzo

A primeira edición terá lugar na contorna da Torre o 24 de marzo
Na proba do circuíto estatal celebrada o ano pasado houbo maioría de mulleres | patricia g. fraga

Usuario

A Coruña acollerá a primeira edición da Copa de España de Marcha Nórdica, a celebrar na contorna da Torre de Hércules o 24 de marzo de 2019. 


Trátase dunha disciplina emerxente, como apunta o concelleiro de Deporte, José Manuel Sande, “á que cada día se suman máis persoas na nosa cidade e da que A Coruña xa foi escenario da primeira proba do circuíto estatal”. O edil salienta “a alta participación das mulleres” nesta modalidade deportiva, “que conxuga a introdución de hábitos saudables con outros aspectos positivos como o baixo custo e que é accesible para amplas franxas de idade”. 


A iniciativa xorde por iniciativa do Club Marcha Nórdica da Coruña, que se creou en febreiro deste ano. Na marcha nórdica, que foi recoñecida como modalidade deportiva en xuño de 2015 pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), as e os participantes empregan uns bastóns especialmente deseñados para o desenvolvemento da actividade, co obxectivo de optimizar o esforzo físico. 


“É ademais adecuado para desenvolverse tanto en ámbitos urbanos como para potenciar o contacto coa natureza, como sucederá neste caso, no que se proxecta un circuíto na contorna da Torre de Hércules, un espazo que escollen habitualmente as persoas que fan marcha nórdica na nosa cidade”, apunta.


A cidade acolleu o pasado ano a primeira proba do circuíto estatal, na que se rexistraron máis de 100 participantes, dos que máis da metade, o 65% foron mulleres. l

A primeira edición terá lugar na contorna da Torre o 24 de marzo

Te puede interesar