Novo decreto para regular o deporte na comunidade
lll
17º-23º

Novo decreto para regular o deporte na comunidade

Novo decreto para regular 
o deporte na comunidade
O obxectivo é protexer o sistema deportivo do país | xg

Usuario

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base na comunidade autónoma.

Deste xeito, a norma entrará en vigor aos 20 días naturais desta publicación, substituíndo o anterior decreto que databa de 2004.

Con este decreto, Galicia dá un importante impulso á protección do sistema deportivo do país, convertendo a súa nova norma nunha das mais actuais e completas do Estado.

O apoio e á atención integral aos axentes deportivos –coa figura central do deportista- refórzase así neste novo sistema que avanza en recursos, en medidas e en destinatarios.

A nova regulamentación abarca un marco máis garantista e completo, aberto ao conxunto dos axentes deportivos -ademais dos propios deportistas- e atento ás distintas demandas do sector, como é, por exemplo, a fase da retirada competitiva.

Deste xeito, o decreto regula o deporte de alto nivel de Galicia e, como principal novidade, regula tamén o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base (etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel).

O novo decreto autonómico establece asemade o catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos recoñecidos nas distintas categorías como dereitos de carácter educativo, laboral ou económico que inclúen importantes vantaxes con respecto á norma vixente na actualidade; así como o procedemento e requisitos establecidos para o recoñecemento de deportistas e tamén a técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, como novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo. l

Novo decreto para regular o deporte na comunidade

Te puede interesar