A Escola Galega volve cos primeiros auxilios
lll
17º-23º

A Escola Galega volve cos primeiros auxilios

A Escola Galega volve cos primeiros auxilios
Nesta quenda participaron alumnos das federacións de remo e halterofilia | aec

Usuario

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu as primeiras sesións prácticas do bloque común de adestradores nivel I que organiza o Centro Público Escola Galega do Deporte, reactivada polo secretario xeral, José Ramón Lete Lasa tras preto de dez anos sen actividades formativas. Estas sesións prácticas obedecen ao programa de primeiros auxilios aplicados á práctica deportiva e teñen unha duración de 10 horas.

En total 25 alumnos das federacións deportivas galegas de halterofilia e remo, fórmanse sobre a valoración inicial de accidentados, técnicas de soporte vital básico, protocolos de seguridade e primeiros auxilios.

Nas sesións matutinas, traballouse sobre a dinámica de accidente de autobús para triaxe, reanimación cardiopulmonar (RCP), manexo de desfibrilador e obstrución vía aérea. Mentres que nas sesións vespertinas estudáronse as lesións do aparato locomotor, práctica de vendaxes, contido do botiquín así como o resto de actuacións para tratar feridas, hemorraxias, asma, diabetes, queimaduras... Como é lóxico, o curso desenvolveuse respectando as normas establecidas para a Covid-19 (máscaras, distancia de seguridade, xel...). O vindeiro sábado 11 será a quenda dos alumnos das federacións de boxeo e karate e o sábado 18 tocaralle aos de kickboxing, loita e taekwondo.

A Escola Galega do Deporte, centro público da Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Ufedega, promove e autoriza os ensinos no período transitorio que desenvolven as federacións galegas, conducentes á obtención do diploma de adestrador de Nivel I, II ou III do deporte correspondente.

A Escola Galega volve cos primeiros auxilios

Te puede interesar