Posta en marcha dunha campaña contra a violencia no deporte
lll
17º-23º

Posta en marcha dunha campaña contra a violencia no deporte

Posta en marcha dunha campaña contra a violencia no deporte
Mónica Martínez tamén recibiu aos árbitros coruñeses de fútbol que foron premiados ou ascendidos de categoría | aec

Usuario

O Concello da Coruña vén de poñer en marcha unha campaña contra a violencia no deporte nas instalacións municipais. A Concellaría de Deportes colocou carteis informativos nos diferentes recintos para pedir a afeccionados, familiares e deportistas o máximo respecto durante a disputa de competicións e partidos.
 

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, foi a encargada de presentar na Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias esta campaña. “O Goberno de Inés Rey busca que haxa un ambiente san nas instalacións deportivas e nas diferentes disciplinas deportivas a través desta campaña. A violencia non ten cabida na nosa sociedade, e menos no deporte da nosa cidade”, sinalou Martínez. Asistiron tamén o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Villamisar, e o directivo da AFAC, Santiago Veiga.
 

Os carteis instalados atópanse en lugares estratéxicos, como os accesos ás instalacións, os vomitorios de entrada ás bancadas ou os bancos. Baixo o lema ‘Así entendemos o deporte na Coruña’, pídese á cidadanía que desbote calquera conduta violenta ou agresiva nestes espazos durante a celebración de competicións.
 

Por outra banda, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, aproveitou a presentación desta campaña para recibir nas instalacións da Torre aos árbitros coruñeses de fútbol que foron premiados ou ascendidos de categoría polo seu labor profesional durante a pasada tempada.

Posta en marcha dunha campaña contra a violencia no deporte

Te puede interesar