A pista da USC poderá acoller probas internacionais
lll
17º-23º

A pista da USC poderá acoller probas internacionais

A pista da USC poderá acoller probas internacionais
O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na presentación do convenio | xoán crespo

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do convenio para a renovación e acondicionamento da pista do estadio de atletismo da USC.


Lete destacou a historia dunha instalación que naceu na década de 1950 cunhas primeiras pistas de cinza e de 333 metros de corda e que acolleu os primeiros partidos da SD Compostela, os adestramentos do Obradoiro e a preparación de numerosos atletas baixo a supervisión de Mariano García Verdugo, que chegou a ser director de Deportes da Universidade de Santiago.


O secretario xeral destacou a capitalidade da pista de atletismo da USC como demostra que catro administracións diferentes asinen un convenio por importe de medio millón de euros para a renovación dunha infraestrutura deportiva. Hai un mes, o Consello da Xunta daba luz verde ao convenio de colaboración para a renovación e o acondicionamento da pista do Estadio de atletismo situada no Campus Vida, segundo o que a Xunta achegará o 35% do orzamento global (173.516,99 euros), a mesma contía que a Deputación da Coruña, mentres que o Concello de Santiago sufragará o 30% restante (148.728,60 euros). O remate das obras contratadas ten como data límite o 31 de marzo de 2022.


Lete Lasa asegurou que, con esta actuación, a pista de atletismo da USC chegará tan lonxe que poderá chegar “a todas as comunidades de España e mesmo a todos os países de Europa xa que a homologación IAAF Clase 2 que conseguirá a pista, permítelle acoller campionatos galegos, nacionais, así como probas internacionais de carácter básico sempre que se cumpran outros requisitos esixidos”.


A colocación dun novo pavimento centrará os traballos de actualización deste espazo cun anel de carreiras de 400 metros de corda e oito rúas.

A pista da USC poderá acoller probas internacionais

Te puede interesar