Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Jacobo Garrido xa é deportista de alto nivel

Jacobo Garrido (d) participó recientemente en los Campeonatos del Mundo de natación adaptada, disputados en la ciudad portuguesa de Madeira | xdg
|

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución do 9 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel (DGAN), alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia, árbitros, técnicos e deportistas recoñecidos vitalicios, así como as solicitudes desestimadas e a causa.


En total, das 105 solicitudes presentadas, son 93 os deportistas recoñecidos, sendo, 62 de alto nivel (18 mulleres e 44 homes ), 9 de alto rendemento (4 mulleres e 5 homes), 16 de rendemento deportivo de base (8 mulleres e 8 homes), 1 técnico (home), 1 árbitro (muller), 1 xuíz (muller), 2 vitalicios (1 muller e 1 home). Nesta ocasión un total de 12 deportistas non foron recoñecidos ben por non cumprir os méritos deportivos ou ben por irregularidades no trámite administrativo.


Entre estes nomeamentos destacan os dous vitalicios, a padexeira Teresa Portela, que vén de gañar a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, na modalidade K1 200 metros, e que é unha das deportistas que leva máis anos recoñecida como DGAN, e o seu homólogo Cristian Toro, ouro olímpico en Río 2016 na modalidade K2 200.

 

 

Clube selecto


Con este outorgamento, a Secretaría Xeral para o Deporte recoñece a prolífica carreira deportiva destes dous atletas galegos que se unen a outros nomeados anteriormente coma os padexeiros Carlos Arévalo e Carlos Pérez Rial (piragüismo), Támara Echegoyen (vela) ou Sebastián Rodríguez ‘Chano’ (natación adaptada).


Entre outros deportistas recoñecidos nesta última resolución atópanse tamén Adrián Ben (atletismo), María de Valdés (natación), Tania Fernández (piragüismo) ou Irene García (remo) como deportistas de alto rendemento.


Mónica Flores foi recoñecida como xuíza na modalidade de paratríatlon que xunto ao coruñés Jacobo Garrido, recoñecido DGAN na modalidade de natación adaptada, son os dous novos nomeamentos de deportistas con diversidade. 

Jacobo Garrido xa é deportista de alto nivel