Case 1.000 persoas inscritas na Carreira da Torre de Hércules
lll
17º-23º

Case 1.000 persoas inscritas na Carreira da Torre de Hércules

Case 1.000 persoas inscritas na Carreira da Torre de Hércules
As concelleiras de Deportes, Mónica Martínez, e Igualdade, Yoya Neira, participaron onte na presentación | Concello da Coruña

Usuario

Case mil deportistas inscribíronse xa na X Carreira Popular Hércules e na II Andaina Solidaria #ImportaEMoito. Trátase da segunda proba do circuíto Coruña Corre e forma parte este ano da programación do Día da Muller, 8M. Onte tivo lugar a presentación oficial, á que asistiron as concelleiras de Deportes, Mónica Martínez, e de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira.


Tanto a carreira como a andaina celebraranse o sábado 26 de marzo e, como xa é tradición, será a única proba nocturna do circuíto Coruña Corre. As carreiras comezarán ás 17.00 horas. Haberá nove probas de categorías inferiores e está previsto que á carreira absoluta comece ás 20.00 horas. O percorrido total é de 6,6 quilómetros, a saída estará no paseo dos Menhires e a meta na Torre de Hércules.


Ao acto de presentación asistiu tamén José Carlos Tuñas, presidente e adestrador do club Coruña Comarca, que colabora nesta proba. Ademais, Tuñas foi o gran impulsor desta carreira polo parque da Torre de Hércules.


“É esta unha carreira especial polas características da proba, en sábado e pola tarde-noite. O final da proba será a carón do faro milenario símbolo desta cidade, despois de superar algunha que outra costa importante”, sinalou Mónica Martínez.


Ademais da carreira, poderase participar na II Andaina Solidaria #ImportaEMoito, que se atopa dentro das iniciativas do Concello polo 8M, e ten un percorrido similar ao da proba do circuíto. As persoas que desexen realizala levarán un dorsal solidario cunha cor diferenciada e o número 261, empregado pola primeira muller que correu con dorsal nunha maratón, Kathrine V. Switzer.


Os donativos para esta acción solidaria realizaranse a través da web oficial de Coruña Corre e serán de 3 euros, 5 euros ou cantidades superiores. As persoas participantes recibirán un quentador de pescozo conmemorativo.


A data límite para inscribirse tanto na carreira como na andaina é o 20 de marzo ás 23.59 horas. O custo será de 3 euros polo dorsal máis 2 euros polo chip, coa excepción das persoas desempregadas, maiores de 65 e con Carné Xove, que pagarán 2 euros máis 1 euro polo chip.


Coruña 10

O próximo 24 de abril terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis soada das carreiras da cidade, e que este ano celebrará a súa décimo sexta edición.


Todos os interesados poden inscribirse a través da páxina web ata o día 17 de abril ás 23:59 h. A cota de inscrición será de 6 euros os rexistrados/as no prazo reducido ata o 10 de abril, e de 10€ para aqueles/as que realicen ata o 17 de abril.

Case 1.000 persoas inscritas na Carreira da Torre de Hércules

Te puede interesar