Actividade de zumba para apoiar á poboación ucraína
lll
17º-23º

Actividade de zumba para apoiar á poboación ucraína

Actividade de zumba para apoiar á poboación ucraína
A presentación desta iniciativa tivo lugar onte | quintana

Usuario

O Concello da Coruña promoverá durante a realización da carreira C10 do día 24 accións solidarias en apoio á poboación ucraína, que continúa padecendo as consecuencias da invasión rusa no seu país.

Onte, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e a de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, presentaron as iniciativas municipais durante este evento organizado conxuntamente coa Federación Galega de Atletismo, representada na rolda de prensa polo seu presidente Isidoro Hornillos. Tamén participou no acto Natalia Afónina, presidenta da asociación AGA-Ucraína. 






A cidadanía poderá facer as súas achegas económicas tanto a través da páxina web habilitada pola Federación Galega de Atletismo como nunha urna colocada no Parrote o día da carreira. Para esta acción solidaria creouse o dorsal 0 ou dorsal solidario. 


Os fondos recadados irán destinados á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) co obxectivo de dotar os hospitais deste país do material necesario para atender as persoas feridas pola guerra. Concretamente, desde o goberno de Ucraína reclámanlles ás ONGs que colaboran con eles que precisan apósitos e medicamentos para interromper hemorraxias.



Ademais, o propio día da proba, a partir das 12.15 horas, realizarase no Parrote unha sesión solidaria de zumba aberta a toda a cidadanía. Poderán participar nela as persoas que se inscribiron na carreira, que mercaron o dorsal 0 ou quen se achegue ata o recinto ese mesmo día. Por outra banda, as camisetas que lucirán os corredores e as corredoras durante a carreira contarán coas cores da bandeira ucraína e a palabra ‘paz’ no seu idioma.

Desde o Concello invítase ás persoas refuxiadas da guerra residentes na cidade a participar nas accións solidarias e na proba deportiva.  

Actividade de zumba para apoiar á poboación ucraína

Te puede interesar