Unha oportunidade única
lll
17º-23º

Unha oportunidade única

Unha oportunidade única
Deporte Campeón-2020-03-06-019-ac4c4c84

Usuario

As seleccións galegas xa están en Ourense e contan as horas para o seu debut. Os 36 elixidos para seguir soñando cunha fase final desembarcaron na Cidade das Burgas onte ao mediodía e xa velan armas no seu hotel de concentración agardando a cita de hoxe ante Estremadura correspondente á primeira xornada da segunda fase do Campionato de España sub-14 e sub-16 de seleccións autonómicas masculinas.
Os nosos chegan a esta cita con moi boas sensacións e conscientes de que xogar na casa pode ser un factor diferencial.

Galicia rematou primeira do Grupo D na primeira fase do campionato nacional que tivo lugar o pasado mes de decembro en Logroño. Na Rioxa, o combinado sub-14 sumou seis puntos tras superar á anfitrioa e ao País Vasco, mentres que a sub-16 sumou tres puntos ante A Rioxa e caeu na segunda xornada ante o País Vasco. Na terceira e última xornada desta primeira fase o País Vasco gañou os dous partidos ás seleccións de A Rioxa, pero por un número de goles insuficientes para desbancar a Galicia da primeira praza.

Ese primeiro posto fai que Galicia afronte a segunda fase como anfitrioa no Campo Municipal de Oira.

Xa en Ourense, os combinados autonómicos que dirixen David Páez (sub-14) e Jesús López (sub-16) realizaron unha última sesión de adestramento ás 19.30 horas no escenario do campionato, o terreo de xogo de Oira.

David Páez
Máximo responsable do combinado autonómico sub-14, o monfortino David Páez mostrou as súas impresións o día antes de disputar o decisivo encontro ante a selección de Estremaura. “Chegamos moi motivados porque levamos unha primeira fase moi boa, o que nos permite intentar dar ese salto para poder chegar á fase final”, indicou en declaracións facilitadas pola Federación Galega de Fútbol.

Páez resaltou a importancia do primeiro partido, hoxe ante Estremadura, un rival que tamén ten opcións de acadar a clasificación para a fase final: “Os dous partidos son moi importantes, pero nós imos a centrarnos no primeiro. Estremadura é un rival moi complicado, con moitas opcións de pasar a fase final e vai ser un partido decisivo”.

O técnico galego coñece o que se van atopar os seus pupilos: “É un equipo moi físico, xoga moito directo que ten futbolistas moi contundentes en zona ofensiva”. Finalmente, destacou a importancia de xogar na casa: “É un plus engadido para nós, pero cando fumos á Rioxa o anfitrión non fixo ningún punto. Esperemos que sexa ao revés”.

Unha oportunidade única

Te puede interesar