Tonecho: “Hai unha cantidade moi importante de cartos sen xustificar”
lll
17º-23º

Tonecho: “Hai unha cantidade moi importante de cartos sen xustificar”

Tonecho: “Hai unha cantidade moi importante de cartos sen xustificar”
13 enero 2013 / 03 mayo 2013 / 19 febrero 2014 / 08 mayo 2015 / 13 febrero 2016 / 14 junio 2017 Fútbol Preferente Norte Temporada 2012-2013 Sporting Sada-Laracha: 1-0

Usuario

Ata a semana pasada, Antonio Garda ‘Tonecho’ era a persoa do Laracha Club de Fútbol con máis cargos: vicepresidente, director deportivo e delegado. Tamén é unha das caras máis recoñecidas do club larachés nas últimas décadas. 

Arrepíntese das declaracións nas que criticou a Canito a semana pasada e que puideron facer dano á súa familia?

Non me parecen unhas declaracións desafortunadas baixo ningún concepto porque a súa familia debería saber algunhas cousas del. Non se pode falar cun adestrador para o primeiro equipo sen botarnos do club a Nando e a min. Houbo unha reunión despois do partido contra a Residencia entre tres directivos e o propio Nando e nese momento creo que xa tiñan fichado a Héctor Pena.

Tonecho e Nando deixan o Laracha a semana pasada.

Despois de xogar un partido pola mañá tivemos unha reunión co corpo técnico. O míster dixo que quería marchar pero toda a directiva pediu que continuase ata final de ano. Nando dixo que ata o 22 de decembro non tería problema. 

Como é posible que se lle pida a un adestrador que aguante ata o 22 de decembro e sexa despedido o día 3?

O día que se empatou contra a Residencia na casa facendo o equipo un bo partido, Canito xa tiña fichado adestrador. O resto de directivos reuníronse para, o xoves da semana pasada, botarnos a Nando e a min. Con Nando tamén marchan Nani, Toni, o adestrador de porteiros, e Adolfo, o adestrador dos cadetes.

Nando deixa o Laracha no último posto da Preferente.

É moi difícil acoplar a 20 futbolistas novos e custounos moítisimo xuntar 16 xogadores para a Copa Deputación. Eu falaba cun futbolista e o Montañeros ou outros equipos dábanlle o dobre. E xa sabemos como son os xogadores: se nun club lle dan 300 non van vir a outro por 200. 

Di que a familia de Canito debería saber algunhas cousas del. A que se refire?

Se el puxo algún diñeiro no club, imaxino que a familia terá que sabelo.

A Canito gústalle moito ter palmeiros ao carón que non lle pidan contas

Tiña problemas persoais con Canito?

Fai anos ofrecéranme o cargo de presidente pero, por falta de tempo, non puiden aceptalo e fun eu o que o puxo aí. Os únicos problemas que tiven con Canito foron de tesourería porque son unha persoa moi transparente e, nese apartado, houbo cousas que non me gustaron e que había que corrixir. Non se pode levar a contabilidade dun club de calquera maneira e tiñamos diferencias. Houbo moita xente que estivo na directiva e todos marcharon co mesmo pensamento. Non había seriedade coas contas.

O presidente queixouse de que vostede superaba os presupostos nas confeccións do primeiro equipo.

Iso é mentira. No Laracha hai xogadores que cobran 150 euros, moitos que cobran 250, cinco que cobran 300 e un que cobra 400. El quixo fichar a dous xogadores pagándolles 600 euros máis obxectivos.

En agosto, Canito pide un préstamo de 17.000 euros ao seu nome para que o club puidese facer frente a débedas.

É certo. Tivemos unha reunión de directiva, el comunicou a intención de levar a cabo esa operación e todos dixemos que si. Pero ese crédito non o paga el, págao o Laracha Club de Fútbol todos os meses relixiosamente. El fala dun tesoureiro que tivemos a pasada tempada, Manolo Cambón, un home serio onde os haxa. Estivo toda a pasada tempada intentando facer unha pequena auditoría pero non había datos concretos de porque Canito nunca os facilitou. O tesoureiro pedíalle por activa e por pasiva que lle dera os datos do banco e facíao cada dous meses. A única realidade é que está sen xustificar unha cantidade moi importante de diñeiro para un club coma o Laracha. Cando eu marchei para o Silva había algo máis de 1.000 euros de superávit.

Este diario informouse ao respecto e a cantidade da que fala podería ser superior a 60.000 euros.
É unha cantidade moi alta que non está xustificada. Non sei por que, eu non levaba as contas do Laracha.

Fala da seriedade Manolo Cambón, o tesoureiro do Laracha a pasada tempada.

Cando Manolo levaba as contas das entradas, das rifas e da cantina, os números saían sempre perfectos e, ao final da tempada, tiña cerca de 10.000 euros que nunca lle quixo dar a Canito. Deullos ao novo tesoureiro, que marchou comigo a semana pasada. Ese directivo non tiña un ‘recibí’ por parte de Manolo Cambón deses case 10.000 euros e tivo que facelo no mesmo momento que marchamos. Non me parece unha contabilidade seria. 

O presidente di que lle quedan dous anos, pero paréceme moito para el

Entón non só marchan Tonecho e Nando, marcha outro directivo tamén.

Si, o que ía ser o tesoureiro. Marcha comigo porque non ve as cousas claras. A Canito gústalle moito ter palmeiros ao carón, que lle doren a píldora e non lle pidan contas. E digo máis: non ía renovar para esta tempada o contrato da señora que atende a cantina, que ten un soldo e unha seguridade social por horas. Para que a renovara tivemos que poñernos de puntillas dous directivo e máis eu. Esa é unha das palmeiras. Hai outro señor que vai para a cantina desde as catro ata as dez da noite... Con que interés está alí todos os días, incluidos sábados e domingos?

“Quedan dúas tempadas e a ver se dou recuperado algo do que é meu”. Que opina dese titular?

Desde as últimas contas, cando marchei para o Silva, ata as da pasada tempada na que marchou Manolo Cambón, o tesoureiro, Manolo andáballe enriba cos papeis, iso a el non lle gustaba e encargouse de botalo. Ata ese momento eu sei que había un desfase dunha cantidade moi importante. O ano pasado tiñamos un convenio co Deportivo e pagaba case todo. E aínda tiña que dicirlle o 25 de cada mes que lle mandara as facturas ao Deportivo.

Canito asegura que prestou moito diñeiro ao Laracha.

Todo o diñeiro que puxo no club, cobrouno sempre. A Canito debíanselle más de 15.000 euros, ía cobralos cunha subvención e aínda sobrarían cartos. 

Cre que está en perigo a viabilidade do club?

Se non hai unha persoa seria que leve os números pode haber sorpresas. O club é o que é, vive dos socios, da publicidade e das subvencións e vai pasar moitos apuros este ano ou o ano que ven. O presidente di que lle quedan dous anos, pero paréceme moito para el.

Quen leva a contabilidade do club esta tempada?

Canito, só Canito. 

Vostede comezou esta tempada no Laracha sabendo que Canito sería o que levase as contas.

Díxenlle que me deixase ver as contas desde o peche da pasada tempada, o mes de xullo, ata que marchei. 

Canito asegura que lle ensinou a contabilidade do club.

A min non me ensinou absolutamente nada. Víñame cun folio dunha cousa e con outro folio doutra cousa cando tiña que darme as cousas mascadas: ingresos e gastos. Eu non vin nada diso. O ano pasado Manolo Cambón intentou levar todo ben pero Canito non lle daba os documentos e de aí o desfase que hai.

Se solicitou as contas do club sería porque tiña descofianza.

Quería saber como ía o club.

Chollas aguantou moito con temas de futbolistas
Unha das tempadas máis movidas no Laracha foi a do primeiro ano en Terceira. Tres técnicos pasaron polo Municipal da Laracha.

Na tempada 2017/18  o Laracha tivo tres adestradores: Chollas, Josito e Javi Álvarez. 

Chollas fixo un traballo magnífico no ascenso a Terceira. En outubro díxenlle que a directiva quería prescindir dos seus servicios e esperamos ata decembro. Perdemos 1-0 en Carballo facendo un gran partido  e ese día, por desgracia, tiven que dicirlle a Manolo que non podía continuar. El aguantou moito con temas de futbolistas e eu intentaba temperalo. Ao segundo partido, Josito díxome que non podía seguir e marchou sen facer ruído. Despois veu Javi Álvarez e dixo que había xogadores que non valían e había que botalos.

Tiven que esperar dous anos para recuperar diñeiro

Tonecho responde ás acusións persoais que lle fixo Canito neste mesmo diario.

É certo que non pagaba o seu valo de publicidade que está no Municipal?

É boa verdade que teño un valo no Municipal. Hai máis de dez anos que hai mandei quitalo despois de pagalo dous anos pero deixárono alí. Máis da metade da publicidade que hai no campo conseguina eu, excepto unha que el di que se debe. É dunha multinacional que pagou o primeiro ano e despois trasladouse para Barcelona.

E os chandals coa publicidade de súa empresa?

O delegado daquela época, Miguel Ramos, e os xogadores do primeiro equipo falaron comigo para dicirme que estaban sen chandals e preguntáronme se podía colaborar. Díxenlle que os compraran e pagueinos. Podo amosar con facturas o que eu ingresei, como cando paguei unha ou dúas nóminas do club despois de que Canito viñera pedirme os cartos á miña oficina. Tiven que ameazalo e esperar dous anos para recuperar os meus cartos. Menos mal que había directivos de testigos porque, se non, non sei que podería chegar a pasar.

Por que non é socio do Laracha?

Cando o presidente bouto a Manolo Cambón, ameazouno con ir ao xulgado e Canito colleu medo e díxolle que non podía reclamar as contas porque non era socio. Se son vicepresidente, levo a parte deportiva e son delegado, non sei por que teño que pagar o carné de socio. Ningún directivo é socio. Di que porque non son socio non lle podo reclamar as contas, pero está totalmente equivocado. Podo facelo cando me pete porque para iso está a lei. Se mas queres amosar polas boas, non haberá ningún problema, pero que non me ameaze con iso porque irei a onde el non quere que vaia. 

Canito dixo que se a partir de agora vai a polo carné de socio, non llo dará.

Quen é el para dicirme que non me dará o carné? Ten medo de que lle entre outra vez na materia?

Cre que hai xente maior da Laracha que non sacou o carné porque Tonecho forma parte do club?

Non creo nada diso. Ese comentario ven doutro dous seus palmeiros que tivo na directiva e que botou porque faltaban cousas no club. Ese palmeiro era o que me criticaba todos os días nas redes sociais, unha persoa á que lle din a miña vida e que tiven que botalo da miña empresa.

Canito di que Tonecho readmitiu no club a unhas persoas que roubaron 15.000 euros.

Se esa xente marchou con 15.000 euros, que poña unha denuncia, pero para iso ten que ter as contas claras e concisas.

Tonecho: “Hai unha cantidade moi importante de cartos sen xustificar”

Te puede interesar