Sacar o sombreiro co Sofán
lll
17º-23º

Sacar o sombreiro co Sofán

Sacar o sombreiro co Sofán
23 septiembre 2018 Fotografía de la plantilla del Deportivo LaLiga Genuine

Usuario

‘Coa inestimable colaboración da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños, (ASPABER), a SD SOFAN decide crear unha nova categoría composta por deportistas con Discapacidade Intelectual de todo tipo de idades e sexo. Con esta actuación búscase a integración social a través do deporte, o cal debe ser entendido como elemento de cohesión e de transmisión de valores hacia a sociedade, facendoa reflexionar sobre a importancia duns valores basados no respeto e na igualdade entre as persoas’, reza o comunicado que emitiu a Sociedade Deportiva Sofán con motivo do acto que se celebrará mañá no Carral.

Según anuncia o club carballés, a presentación dará comezo as 11.00 horas coa recepción de invitados e deportistas, despois das fotografías de rigor, o punto central do acto dará comezo as 12.30 co partido amistoso entre a SD Sofán ASPABER e o RCD Deportivo da Coruña da Liga Genuine; equipo tamén conformado por deportistas con discapacidade intelectual. Será un partido de carácter non competitivo e seguindo normas que non só premian os goles, se non que tamén se premiarán as accións deportivas e os bos xestos de compañerismo. Ó final do encontro os participantes desfrutarán dun ágape, durante o cal falarán sobre as vivencias da xornada e participarán nun ambiente de cordialidade e compañerismo, desexando verse no seguinte encontro.

A nota que publica a Sociedade Deportiva Sofán tamén engade que serán varios os cargos públicos destacados que estarán presentes no renovado campo do Carral este sábado pola mañá. Está prevista a presencia das autoridades municipais, provinciais e autonómicas, así como representantes da Federación Galega de Fútbol nun evento, que ó noso entender, ten que ser a primeira pedra dunha forma de ver o deporte como elemento de concienciación social, de reflexión e de mellora na plena inclusión de colectivos ós que, por diversas razóns, se atopan con dificultades a hora de acceder as actividades cotiás para o resto de cidadáns.

Unha vez máis, un club humilde e en pleno crecemento como o Sofán volve dar unha lección do que significa realmente o deporte cunha iniciativa que seguro será un exemplo para moitos outros con máis posibilidades.

Sacar o sombreiro co Sofán

Te puede interesar