Roberto C.: "Ante os trasatlánticos do fútbol español defendemos os portaavións do fútbol galego"
lll
17º-23º

Roberto C.: "Ante os trasatlánticos do fútbol español defendemos os portaavións do fútbol galego"

Roberto C.: "Ante os trasatlánticos do fútbol español defendemos os portaavións do fútbol galego"
roberto carlos carballo

Usuario

Roberto Carlos Carballo é a voz da noite no deporte galaico. Son xa moitos anos na Radio Galega, competindo co seu Galicia en Goles coas grandes cadeas estatais, COPE, SER, Onda Cero. Porén, o seu tempo de radio é moi seguido e valorado no pais.

Que tal a nova temporada?
Coa ilusión de todas por facer novas cousas, con novos compañeiros e ideas, e despois de anos buscando motivacións en buscar historias, e cousas diferentes que sexan de interese para a audiencia do noso deporte.

Cal é a chave para competir coas grandes emisoras?
Para min é fundamental ofrecer un produto diferente. Aínda que haxa que partir da base que é difícil poder loitar contra os denominados trasatlánticos do fútbol español, a nosa filosofía baseouse sempre en defender os nosos portaavións do fútbol galego, neste caso Depor e Celta, e facelos referentes dentro do deporte galego. Ademáis, outra cousa que temos clara é sempre estar co resto de equipos, deportistas, directivos...de calquera modalidade sexan da categoría que sexan e dándolles un tempo e unha atención que noutros lados non teñen.

Buscamos o interese para a audiencia e para o propio deporte

Que noticia queres dar?
Sinceramente calquera que sexa de produción propia. Crieime xornalisticamente falando buscando e rastrexando novas e por iso faime por por un exemplo máis ilusión adiantar unha fichaxe estrela de segunda B ou terceira que comentar novas que veñen preestablecidas. Lémbrome dunha en especial que fora a fichaxe de Duscher co Deportivo. Daquelas non había móbiles e para min fora un subidón poder localizalo no seu pobo remoto da Patagonia na casa duns familiares despois de horas de chamadas.

Como se leva ese ‘mando’ que ten o fútbol no teu espazo?
Neste senso quédome cunha reflexión que me fixera o daquelas presidente do Basket Coruña, Calos Lamora, nun programa. Temos que loitar por ser o primeiro dos segundos deportes. É indubidable que o fútbol pode con todo, pero a nosa filosofía é innegociable canto a plantexamento. Sempre xunto a Depor e Celta, tempo tódolos días sen excepción para o resto de categorías que son a nosa razón de ser, e tamén para todo o eido polideportivo.

Cómo ves ao Depor?
Partindo da base que o gol é o santo Grial do fútbol moito mellor. Coido que superar o listón do ano pasado debe un obxectivo irrenunciable e, vendo o resto de equipos, soñar é de balde para entrar en Europa. O único pero é quedar coas gañas de non ver en acción a rapaces como Rober, e sobre todo Insua, que coido que de ter quedado tería triunfado.

Superar o do ano pasado debe ser irrenunciable para o Deportivo

Sentes a rivalidada norte-sur?
O de norte sur xa quedou un pouco atrás porque podemos por casos de vilas das provincias do sur como Verín ou Vilagarcía por exemplo o deportivismo está moi latente ou moitos afeccionados do Celta na Mariña. Claro que hai rivalidade e debería habela sempre dentro da deportividade senón non habería eses piques sanos que tanto caracterizan ao fútbol.

Os do norte dirán que sodes moi celestes y os do sur que moi deporivistas.
Pero iso é de sempre e relamente é bo que se xere polémica e rivalidade sana en relación aos nosos equipos. Gústame máis que se diga iso que non que somos madridistas ou barcelonistas. De tódolos xeitos por egoísmo persoal e por convicción propia ogallá puideramos ter a tódolos equipos galegos o máis arriba posible. Eu medrei profesionalmente con Depor e Celta en Europa e co Compos en primeira e iso foi incrible, sobre todo como facehendeabas cando saías por aí fóra do fútbol galego.

Cal e o teu medio favorito (ademáis de este xornal)?
Aínda que levo toda a vida na radio, fixen no remate da carreira os meus primeiros piñiños na prensa que é o que sempre me gustou máis. Ademáis sempre digo que é admirable o da prensa escrita polo traballo que se leva, buscando, redactando, axustando e enchendo páxinas día sí e tamén. A ver se algún día me dades a oportunidade.

Roberto C.: "Ante os trasatlánticos do fútbol español defendemos os portaavións do fútbol galego"

Te puede interesar