Ponteceso agarda aos peques
lll
17º-23º

Ponteceso agarda aos peques

Ponteceso agarda aos peques
07 diciembre 2018 / 26 enero 2019 Fútbol Campeonato Gallego de Selecciones Comarcales Sub-12

Usuario

O concello de Ponteceso acollerá o vindeiro luns 24 de Carnaval o Campionato Galego de seleccións comarcais masculinas nas categorías sub-11 e sub-13. Un total de oito combinados disputarán esta nova edición da cita autonómica na que estarán presentes uns 250 xogadores nos campos de O Pinguel e O Cairo.

A competición sofre este ano varias modificacións. En primeiro lugar cambian as categorías co fin de facilitar o traballo dos seleccionadores galegos, pois deste xeito poden realizar a súa función de seleccións de xogadores con vistas xa á vindeira campaña. Outra modificación importante nesta edición é a fusión da competición nunha única xornada.

Tanto na categoría sub-13 como na sub-11 as oito selecións participantes estarán divididas en dous grupos: no A están encadrados os combinados da Costa da Morte, A Coruña, Ferrol e Santiago; no B están Vigo, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Na sub-13 todos os encontros terán lugar no campo de O Cairo. O formato de competición será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os primeiros clasificadod de cada grupos (A e B) accederán directamente á gran final do Campionato Galego.

Na sub-11, pola súa banda, todos os encontros terán lugar no campo de O Pinguel. O formato de competición tamén será un sistema de liga e os dous primeiros clasificados de cada grupos (A e B) accederán directamente ás semifinais. Os terceiros clasificados disputarán a loita polo quinto e sexto posto e os cuartos clasificados xogarán polo séptimo e oitavo lugar.

Os partidos terán unha duración de 20 minutos en cada metade e tres de descanso no caso da categoría sub-13 (fútbol once) e de 15 minutos con descanso de dous na sub-11 (fútbol oito).

Ponteceso agarda aos peques

Te puede interesar