Diego Villares: “Polo que me transmiten vestiario e corpo técnico, síntome importante”
lll
17º-23º

Diego Villares: “Polo que me transmiten vestiario e corpo técnico, síntome importante”

Diego Villares: “Polo que me transmiten vestiario e corpo técnico, síntome importante”
Diego Villares en un partido con el Fabril

Usuario

O capitán do Fabril fala publicamente a escasas horas de xogar un partido moi especial para el. No escenario da Madalena, Diego Villares, un dos pesos pesados do filial, disputará por primeira vez un encontrao oficial contra o seu querido Racing Villalbés.

 

Xustificas a derrota contra o Arzúa na mala sorte ou eres autocrítico?

Son dos que non cre na mala sorte no fútbol e non se pode achacar unha derrota á falta de sorte. O Arzúa non nos creou perigo en todo o partido, tivemos varias ocasións, pero creo que nos faltou tranquilidade preto da área rival para acertar co último pase.

 

Cinco puntos de doce. Que nota lle das ao equipo no inicio de liga?

É cedo para dar unha nota porque hai moita marxe de mellora, pero se tivera que mollarme daríanos un aprobado.

 

Ten o Fabril equipo para ser ascender a Segunda B?

Si. Hai moi bos xogadores e un equipo moi completo. Tantos os futbolistas que pasaron do Xuvenil A como as fichas que chegaron no verán dan moi boa talla para acadar ese obxectivo.

 

É máis favorito o Fabril ca Bergantiños ou Somozas?

O tempo o dirá pero creo que tres equipos imos estar pelexando por acabar nas tres primeiras prazas e gañar a liga, pero non considero que sexamos máis favoritos ca Bergantiños e Somozas.

 

Foi un fracaso non xogar a fase de ascenso a pasada tempada?

Non o denominaría fracaso pero había moi bo equipo. Só fai falta ver onde están os xogadores dese equipo: Valín e Gandoy xa forman parte do primeiro equipo. Foi unha tempada excepcional na que a pandemia non axudou. Cando se deu por finalizada a liga non estabamos nos catro primeiros postos pero podíamos acabar conseguíndoo, que era o obxectivo do equipo.

 

Nos tres últimos anos, o Fabril tivo sete adestradores. Como lle afecta ao futbolista tanto cambio?

Para o futbolista é importante coñecer ao seu adestrador e creo que tanto cambio afecta. É bo ter un mesmo estilo de xogo e de traballo e darlle continuidade beneficia ao equipo.

 

100% de minutos nas catro primeiras xornadas. Sentes que eres un dos pilares do Fabril?

Non sei se son un pilar, pero síntome importante no equipo tanto polo que me transmiten Valerón, Manuel Pablo e Luis como polo que me transmite o vestiario.

 

Estás satisteifo co teu traballo?

Si, non teño queixa do meu rendemente, pero podo chegar a dar bastante máis.

 

Que lle está a faltar a Villares para ser mellor?

Pisar área, que é algo que me gusta e me caracterizou, a chegada desde segunda liña tanto xogando de interior como de mediocentro. Espero poder mellorar nese aspecto.

 

Eres o capitán do Fabril. Quen o decide e que significa para ti?

O primeiro capitán decídeno os compañeiros e, os demais, a directiva e o corpo técnico. Síntome moi orgulloso de que os compañeiros depositen a súa confianza en min.

 

Conta Valerón coa túa opinión?

Si, é moi cercano e, tanto ao principio como ao final de cada adestramento, achégase a min ou a outro compañeiro para coñecer a nosa opinión sobre os exercicios ou os xogos que plantexa.

 

En que cambiou Villares desde que chegou ao Deportivo en 2018 ata a actualidade?

Sobre todo na posición do campo e nada madurez. Antes de chegar ao Deportivo, xogaba por fóra no Villalbés. Tanto a tempada pasada coma esta xogo en posicións intermedias: mediocentro ou interior. En canto á madurez, cando cheguei ao Fabril era un neno, saía por primeira vez dea casa e custoume adaptarme ao equipo, a tantas caras novas. Ademais, nesa primeira tempada tiven unha lesión e non contei con moitos minutos.

 

Están en desvantaxe no fútbol actual os xogadores que non destacan fisicamente?

Agora está máis de moda o xogador forte que o baixo e técnico. Saiu estes días unha análise da Selección, que pasou de ter xogadores baixos a altos e fibrosos. A miña opinión é que mentres esteas ben fisicamente, a túa condición che permita manter o ritmo dos partidos e, se con balón eres capaz de destacar, non tes por que estar en desvantaxe respecto aos que son moi fortes.

 

Ao fútbol no que cre Villares xógase coa cabeza ou coas pernas?

Con ambas. Hai que estar ben a nivel de pernas para poder levar a cabo o que a túa cabeza che di.

 

Tiveches opcións de fichar por algún club de Segunda B o pasado verán?

Houbo algunha opción, pero cos meus asesores e, sobre todo, coa familia decidimos quedar porque o Deportivo é un club importante, e máis pola súa estructura profesional tendo en conta o que estamos a vivir coa pandemia.

 

Un futbolista de filial ten data de caducidade. Pensas no futuro?

Nos filiais prima a idade dos xogadores, pero non peso niso; só en facelo no mellor posible mentres estea aquía e despois xa se verá o que depara o futuro.

 

Impresiona ter a Valerón diante?

Ao principio si. O primeiro día falou comigo, reuninme con el, e parecía que non acababa de crelo. Co paso das semanas xa é un máis.

 

Ten máis credibilidade o que di por ser quen foi?

Pode ser que teñamos máis gañas de aprender del por ser quen foi.

 

Foi un mediapunta dun nivel altísimo. Nótase cal foi a súa posición nas correccións que fai?

Si. Eu falo desde o meu punto de vista, de mediocentro ou interior. Cos medios párase máis que co resto á hora de dar indicacións, como Manuel Pablo coa liña defensiva. Aínda así Valerón está pendente de todos.

 

Tecnicamente era exquisito. Fai apuntes técnicos ou só tácticos?

A nivel técnico déixanos libertade. Quere que fagamos controis orientados, pero non nos fai correccións sobre a superficie do pé que debemos empregar para un control. Tecnicamente déixanos actuar como nós sabemos e céntrase máis no xogo.

 

Algúns adestradores que foron futbolistas de elite danlle máis importancia á xestión do grupo que á táctica. É o caso de Valerón?

Non sabería dicir se prefire unha cousa ou outra porque a ambas lles da importancia, pero o que está claro é que lle gusta ter un grupo unido e diso preocúpase moito propoñendo xogos e adestramentos distentidos.

 

Nos primeiros partidos de pretemporada, Villares xogou de mediocentro no 1-4-3-3. Que vía Valerón para apostar por ti nese posto?

Gústame estar en contacto coa pelota e creo que era para aportar ao equipo na salida de balón, aínda que máis cómodo síntome xogando de interior ou no dobre pivote.

 

Desde que empezou a liga, o Fabril sempre xogou con 1-4-2-3-1. Por que cambiou de sistema o adestrador e que lle aporta ao Fabril?

A idea de cambiar chegou nun dos últimos partidos da pretemporada. Valerón reuniunos, falou con nós e díxonos que cría que nos ía favorecer máis ese sistema.

 

En que aspectos do xogo debe mellor o equipo tendo en conta o rendemento dos catro primeiros partidos?

Debemos mellorar o xogo no último tercio do campo, que foi o principal problema que tivemos contra o Arzúa.

 

Cambia o rol defensivo de Villares dependendo de se xoga ou non Kanouté?

Pode ser. Se estou acompañado por un xogador ou por otro, o papel defensivo é o mesmo pero síntome máis arroupado.

 

Dalle importancia ao rival Valerón?

Os adestramentos facémolos centrados na nosa proposta e na nosa mellora, pero sempre hai algún apunte en función do rival que se inclúe nalgunha tarea.

Diego Villares: “Polo que me transmiten vestiario e corpo técnico, síntome importante”

Te puede interesar