Pablo Vigo: “Os anos non pasan por min, só no carné”
lll
17º-23º

Pablo Vigo: “Os anos non pasan por min, só no carné”

Pablo Vigo: “Os anos non pasan por min, só no carné”
27 julio 2018 / 27 agosto 2018 Fútbol Trofeo Santiago Apostol 2018 "Memorial Lisardo Campos" Atlético Coruña-Atlético Arteixo 3-1

Usuario

Partido perfecto para o Montañeros e en especial para Pablo Vigo Ameal (Camariñas, 1984). O defensa contribuíu a deixar a portería a cero e anotou un golazo na vitoria ante o Arteixo, un dos seus  exequipos, xusto un día antes dos seu aniversario. Mellor, imposible.

0-2 pero triunfo sufrido.
Si, moi sufrido ante un equipo moi forte defensivamente e con moita velocidade polas bandas. Soubemos aproveitar as nosas ocasións, puxémonos por diante, algo que nos deu máis confianza e estivemos cómodos, en boa medida, gracias aos pases de Herbert.

Como se che pasa pola cabeza tirar na acción do gol?
Controlei ben orientado, acerqueime á area e non o pensei. En lugar de abrir á banda, ocorréuseme tirar e deu a casualidade de que foi un golazo.

Foi un derbi especial para ti?
Si, contra todos os meus equipos sempre é bonito xogar e teño un plus. Saiunos ben: portería a cero e tres puntos a mellor maneira de celebrar o meu cumpreanos (onte fixo 34).

Seis xornadas sen perder e cinco vitorias neses partidos.
O segredo é a portería a cero e aproveitar as ocasións. Temos os pés na terra pero sempre que poidamos sumar de tres en tres, moito mellor.

Dis moito o de portería a cero.
Para min, como defensa, é o meu principal obxectivo. Arriba temos calidade e sempre temos ocasións. Coa portería a cero xa temos un punto asegurado e nesta categoría máis aínda porque se marcas un gol é moi difícil que che marquen. Todo o que poidamos sumar é millo para o hórreo e danos tranquilidade.

Agora eres titular pero esta tempada non sempre foi así.
Estaba acostumado a iso nos meus anteriores equipos, pero a situación desta tempada motivoume máis e deume máis forza. Intento aproveitar as oportunidades que me están brindando o equipo e o adestrador e quero seguir nesta liña.

Como te atopas a nivel de xogo?
Encóntrome perfecto. Os anos non pasan por min, só no carné. Estou contento e con ilusión.

Está eufórico o vestiario do Montañeros?
Un pouco de euforia pode haber porque levamos unha racha moi boa, pero temos xente veterana na plantilla que facemos que os pés estean na terra e, como di o Cholo, partido a partido.

Pablo Vigo: “Os anos non pasan por min, só no carné”

Te puede interesar