“Non me regalaron nada para chegar a Terceira División”
lll
17º-23º

“Non me regalaron nada para chegar a Terceira División”

“Non me regalaron nada para chegar a Terceira División”
08 octubre 2018 / 04 abril 2019 / 08 abril 2019 página 42 Fútbol Tercera División Paiosaco - Racing de Ferrol: 2-1

Usuario

Os centímetros poden impoñer, pero non fan paradas. Os bos porteiros son bos polas súas actuacións, non polo que miden. Hadrián Rama, o gardarredes do Paiosaco, foi o MVP do partido ante o Compos.

“As sensacións son moi positivas polo punto e porque o conseguimos ante un rival da zona alta de clasificación. Tamén debemos ter claro que hai que seguir traballando porque o Silva ven de gañar a equipos como Bergan e Fabril e sumar un punto non nos chega”, destaca o gardamallas peisaqués.

Rama recoñece o potencial e o dominio do Compostela na Porta Santa o pasado domingo. “É un gran equipo. Dominou claramente, pero tivemos a opción de Iriso para conseguir os tres puntos. Vin a acción pola televisión e non me pareceu fóra de xogo. Legalmente puidemos gañar pero sería inxusto que nos quedáramos os tres puntos porque o Compos mereceu máis. Para min é o mellor equipo da liga porque coa pelota xogan de forma espectacular”.

Na pasada tempada, o Compos gañou por 1-4 en territorio peisaqués. “Tiñamos claro que as nosas opcións pasaban por defender ben e por aproveitar algunha das poucas oportunidades que podíamos ter. O plan saiu ben e, ademais, foi o primeiro partido a tempada no que deixamos a portería a cero. Para un equipo coma o noso, ao que lle custa marcar goles, é moi importante ser seguros en defensa a rematar máis partidos sin encaixar”, explica Rama.

O porteiro do Paiosaco non só foi o mellor do seu equipo, foi o mellor do partido. “Saíronme as cousas redondas. Posiblemente foi un dos meus mellores partidos en Terceira División. Na Estrada e contra o Silva tamén estiven fino, pero neste último partido era contra un aspirante ao título e cun ambientazo na Porta Santa”.

Unha das poucas virtudes que teño é que teño controlado a onde vai ir o balón

A primeira gran ocasión do Compos foi un disparo de Antas desde o pico da área que Rama desviou coa punta dos dedos. O balón deu no pau e saiu. “Teño moi poucas virtudes, pero unha delas é que sempre teño moi controlado a onde vai ir o balón. A veces bate no pau, a veces vai fóra por centímetros e todos me din que me confío moito. Cando desviei o tiro de Antas tiña claro que non entraría”.

Ao remate do encontro (0-0), “todos os compañeiros, un por un, felicitáronme. Cando un dianteiro marca, tamén o celebramos todos con el, pero o porteiro ten que facer máis cousas que marcar un gol para ter ese recoñecemento. Aínda así da gusto unha tarde así porque os porteiros pasámolo mal, sentímonos culpables. A veces, plantéxome se estou xogando nunha categoría por riba das miñas posibilidades: polo meu físico, porque veño de xogar en ligas rexionais. Ningún adestrador me ficharía para Terceira. Estou nesta categoría porque levo moitos anos no club”.

Rama revela que “a semana pasada enteireme de que Cortegoso renunciara a xogar na Selección Galega e que, buscando porteiro, fun descartado pola altura e incluso buscaban en Preferente antes de levarme a min. Se alguén pode dicir que non lle regalaron nada para chegar a esta categoría, ese son eu. Xoguei en Primeira e en Preferente, ascendín a Terceira e xogando todas as tempadas máis de 2.000 minutos. O da Selección dóeme máis aínda sabendo que Iván Cancela é un adestrador da zona”.

Rama recorda outro caso no que foi descartado pola súa altura. “Cando fichei polo Paiosaco foi porque no Laracha non me querían por ser baixo.  Non é algo que me preocupa porque sempre tiven a confianza de Juan Riveiro e do club”, destaca. 

Por último, indica que “Motívome cando saio ao campo para intentar calar bocas. Pode soer algo fanfarrón dicilo así pero, coas miñas cualidades, intento demostrar que podo competir en Terceira. En cada partido quero  amosarlle ao meu adestrador de que non está equivocado apostando por min”, conclúe.

“Non me regalaron nada para chegar a Terceira División”

Te puede interesar