Luisito: “A pesar do resultado, creo que acertei co sistema”
lll
17º-23º

Luisito: “A pesar do resultado, creo que acertei co sistema”

Luisito: “A pesar do resultado, creo que acertei co sistema”
06 febrero 2019 / 08 febrero 2019 Fútbol Segunda División B Primer entrenamiento de Luisito como entrenador del Fabril

Usuario

El Fabril perdió dos puntos ante el Compostela en un partido que tenía ganado en el minuto 85 ante un rival en inferioridad numérica. El gol de Primo evitó que el filial del Deportivo se quedase los tres puntos.

En la primera vuelta, el Fabril jugó con rombo en San Lázaro y el pasado domingo repitió el sistema con cuatro jugadores por dentro en el medio.

Coñezo moi ben aos equipos desta liga e sei que, aínda xogando con rombo, fannos sufrir. Sei que, ao ritmo que nós xogamos, cometeríamos moitas perdas e ante un rival coma o Compostela, penalizaríanos moito xogar abertos porque é un equipo que deixa futbolistas descolgados e nas transicións ofensivas é o equipo que mellor se manexa da categoría. O Compos non ten futbolistas rápidos, ten avións. Eu quería ter a posesión e, en caso de haber pérdida, quería ter tapadas as liñas de pase por dentro. Por fóra pódese defender aos xogadores do Compos pero por dentro non.

Javi Sánchez fue la gran novedad en la mediapunta.

Tal e como tiñamos traballados os movementos de ataque apostamos por Javi porque é un rapaz moi forte nos desmarques de ruptura. Ten xogado aí no Bouzas e comigo tamén. Se consegue dous metros de vantaxe xa non o dan collido. Quería que se movera nas costas de Baleato e de Antas e, en canto xirara, tería por diante a Mario e a Aarón. Polo resultado puiden equivocarme co sistema, pero creo que acertei. Se deixas ao Compostela ter moita posesión de balón, acaba gañándote. O maior peligro é fallar nos pases porque nas transicións mátante.

Juan ten condicións impresionantes e trato de que poida chegar ao primeiro equipo

¿Juan Rodríguez ya es futbolista del Fabril?

Eu teño que ser xusto co equipo e dame igual que teña 17 anos. Juan adestrou comigo toda a pretempada, pasouno bastante mal porque a esixencia é grande pero o rapaz quere ser futbolista. Quédalle outro ano de xuvenil, ten unhas condicións impresionantes e eu trato de que poida chegar a ser xogador do primeiro equipo. Ten que facer moitísimo traballo –de forza, ter máis masa muscular– pero é rápido, vai ben de cabeza, ten boa salida de balón... Se perde a concentración, sabe que comigo non xogará, pero se está como ata agora, merece xogar.

Después de muchas jornadas como titular, Álex Cobo fue suplente con el Fabril pero no jugó Viorel sino Alberto.

Hai unhas expectativas enormes con el, apunta moi alto. Do erro que cometeu contra o Compos vai aprender e iso é do que se trata. Está en proceso de formación e vaille servir para que cada vez sexa mellor.  Debaixo dos paus é un porteiro espectacular. Evidentemente, é un neno e ten moitísimas cousas que mellorar. Falei o sábado con Álex Cobo, non porque estivese mal porque é un profesional e estou encantando con el, pero preferín que este partido o xogase Alberto porque quería saber o seu nivel nun partido de máxima esixencia.

Kanouté non a ‘palmou’ de casualidade despois de xogar cunha infección

¿Cambió a Kanouté porque intuía lo que podía pasar con Extremadura Hernández?

O que fixo Kanoué contra o Compos é para enmarcar. Pediu xogar despois de estar mal moi mal de saúde. Non a ‘palmou’ de casualidade despois de xogar cunha infección de vesícula incrible en Salamanca. Os médicos dixéronme que non estaba ao 100% pero para min era super importante no partido contra o Compos. Quixo xogar e apostei por el pero no momento no que lle ensinaron o cartón chamei a Parga inmediatamente.

¿En qué aspectos es mejor el Compos que el Fabril?

É un equipo máis experto. Ten futbolistas que tiven en Segunda B a un nivel alto. O Compos é un equipo que mellorou moito sen balón. Antes facía moito dano coa pelota pero tamén se lle facía. Apreta moi ben tras perda, xoga cando ten posesión, pero é moitísimo mellor cando non ten balón.

O Fabril ten moi bos futbolistas pero están en proceso de formación
Luisito analiza la ‘mala’ situación clasificatoria del Fabril en las últimas jornadas.

El Fabril está atravesando su peor dinámica de resultados de la temporada: un punto de los últimos doce en juego.

Evidentemente, quero gañar os partidos, pero que perdéramos o partido contra Ourense CF... Hoxe, gracias a Deus, poden verse os vídeos. Houbo un penalti escandaloso no couto e pasou o que pasou. Contra o Arenteiro tivemos un despiste de concentración e perdemos. En Cangas, co mesmo árbitro que contra o Ourense, volveu pasar o mesmo. Non me gusta desculparme. Quero que o futbolista mellore e mañá sexa mellor que hoxe. A partir de aí, se chega para estar pelexando cos mellores no treito final, moito mellor. Un punto de doce non me gusta a min nin aos nenos, pero temos que asumilo.

Si una palabra define a Luisito es ‘ganador’.

Se este equipo en vez de chamarse Fabril se chamase doutra maneira e non fose un filial estaríamos moito máis arriba na clasificafción. Non tiven a moitos xogadores durante a pretempada nin no inicio da liga e durante a tempada pasounos de todo: paperas, a enfermidade de Kanouté, pubis, nocellos... Son moitísimas baixas pero non poño desculpas. Para ser campión en Terceira hai que ter tres oucatro futbolistas dun nivel moi alto. O Fabril ten moi bos futbolistas pero están en proceso de formación.

Luisito: “A pesar do resultado, creo que acertei co sistema”

Te puede interesar