Juan de Dora: “Cambiar a dinámica está nas nosas mans”
lll
17º-23º

Juan de Dora: “Cambiar a dinámica está nas nosas mans”

Juan de Dora: “Cambiar a dinámica está nas nosas mans”
Deporte Campeón-2019-09-17-014-3b1f8f72

Usuario

O Paiosaco conseguiu o primeiro punto da tempada como visitante. O equipo de Juan Riveiro, que perdera (1-0) no campo do Estradense, empatou ante o Silva en Grela 1 nun partido no que tivo que suar para non perder. Juan de Dora foi unha das apostas do míster verde e branco.

Para o dianteiro do Paiosaco, o resultado “foi xusto, aínda que o Silva puido matar o partido nos últimos minutos. Creo que os dous equipos fixemos méritos para gañar”, explica.

O Paiosaco non comezou ben o partido. ”Custounos un pouco entrar porque o Silva achuchounos nos primeiros minutos pero aguantamos ben”, indica Juan de Dora.

Foi un punto de inflexión  para o Paiosaco encaixar o 1-0? “Tras o gol, o equipo deu a cara. Pasamos de estar atrás aguantando, a mirar cara arriba e intentar remontar o partido”, subliña.

Para Juan, a mellor fase do partido “para nós foi a dos últimos minutos da primeira parte e os primeiros da segunda. Vin o equipo ben”.

Merecemos máis puntos tanto contra a UD Ourense como contra o As Pontes

O dianteiro verde e branco tamén comentou que o Silva “non me sorprendeu porque é a mesma forma de xogar que a do ano pasado: pouco toque atrás, balón arriba a pelexalo. Era o esperado”.

O Paiosaco non comezou ben a tempada. “Diría que nos custa tanto pola dinámica na que entramos despois da derrota frente o Estradense. Fáltanos fortuna nos últimos metros pero iso xa nos pasa desde a UD Ourense”.

Para Juan, a clasificación  do grupo 1 de Terceira División non é xusta co Paiosaco. “O equipo mereceu máis puntos, iso esta claro. Creo que, quitando o partido contra o Silva e o Estradense, merecemos máis tanto contra a UD Ourense como contra o As Pontes”, explica o dianteiro.

O xogador da Costa da Morte non cre que a falta dunha vitoria nas catro primeiras xornadas poda afectar animicamente ao Paiosaco.”Non preocupa xa que eisto está empezando. Van catro partidos e isto non fixo máis que arrancar. Preocuparia si estivéramos na xornada 30 pero non é así”.

Tamén fai valoración do xogo do equipo. “Non estamos nada mal. Fáltanos fortuna nos ultimos metros e iso cambiase a base de traballar, algo que está nas nosas mans”.

Juan de Dora foi titular en dous dos catro primeiros partidos de liga. Non estou entrando moito debido a que o traballo non me permite ir adestrar todos os días. A partir desta semana acabo contrato e Juan xa vai poder contar conmigo doutra maneira”, explica un futbolista que di que “atçópome ben pero fáltanme entrenos e nótoo bastante”. 

Por último, Juan explica que “a nivel persoal, os obxectivos téñoos claros: axudar ao equipo no máximo posible para conseguir  salvación. Pode que teñamos que sufrir pero hai que traballar para chegar canto antes aos puntos marcados”, conclúe.

Juan de Dora: “Cambiar a dinámica está nas nosas mans”

Te puede interesar