Josiño Vázquez: “Xogadores, directiva e club somos de ir sempre cara arriba”
lll
17º-23º

Josiño Vázquez: “Xogadores, directiva e club somos de ir sempre cara arriba”

Josiño Vázquez: “Xogadores, directiva e club somos de ir sempre cara arriba”
Josiño (d), centrocampista do Paiosaco, ante Ortu, mediapunta do Laracha | raúl lópez

Usuario

Foi xusto o 1-1?
Tal vez por ocasións merecemos nós un pouco máis. As de Eloy e Iván foron claras. Foi un derbi desputado, con moita loita, e tamén se pode considerar xusto.

As pernas dan máis nun partido coma este?
Sempre queres facer una carreira máis que ás veces convértense en sobreesforzo. O míster díxonos no descanso que estaba ben correr moito pero que tamén había que descansar cando tivésemos a pelota.

Acabaches fundido.
Iso sempre. Da gusto facer estes esforzos se a xente queda contenta.

Notábase que había máis afección do Paiosaco?
Moita máis. Os nosos 80-100 sempre nos acompañan nos partidos que xogamos como visitantes, pero na Laracha había moitísimos máis.

Estivo máis cómodo no partido o Paiosaco que o Laracha?
Nalgún momento percibiuse. Nalgúns momentos eles reprocháronse cousas ao cometer errores. Era algo que nós tiñamos traballado pola semana. Estivemos cómodos e non pasamos grandes apuros.

Cando o Laracha facía saída de tres e metía un mediocentro entre centrais, ti saltabas por el.
Se vou presionar á area contraria, as voltas son difíciles. Se podo volver a tope, fágoo, pero noutras ocasións tiven que volver a trote. E en caso de que me superasen a min, estaba traballado que o equipo tiña que replegar ata que chegásemos todos. 

Os adestradores parecían ter todo controlado.
Coñécense ben, Juan estivo moitos anos nas categorías inferiores do Depor e coñece ben aos rapaces. 

Houbo momentos nos que o Laracha foi superior.
Si, ao principio da segunda parte. Cambiamos a maneira de defender e metéronnos moi atrás. Cando Juan fixo os tres cambios para darlle forza ao equipo, tivemos ocasións clarísimas.

Sorprendeu o cambio de sistema no último cuarto de hora.
Foi raro que cambiase a 1-4-4-2 pero estábannos comendo moito espacio no medio do campo e os laterais do Laracha estaban subindo moito.

O triple troco chamou a atención.
Xa tiña un cambio preparado e a el gústalle que a xente xogue polo menos quince minutos. Nunca pon a ninguén para perder tempo e, se estás no banco, agradécese.

Fastidioute o cambio?
Entendía que estabamos tendo máis espacios por dentro e eu, que son de conducción, vía que podía aproveitalos e estar máis a gusto. Non hai ningún problema e os que entraron son uns futbolistas impresionantes.

É positivo o empate?
Facíanos falta puntuar fóra e xogamos contra un rival que está arriba. Eles case non tiraron a porta, as mellores ocasións tivémolas nós pero é positivo. O vestiario, a directiva e a afección estaban contentos e iso é o importante.

Como estaba o vestiario do Paiosaco ao final do partido?
A música estaba a tope. O míster toma boas decisións e pon el a radio para que estea a tope a música aínda que perdamos. 

É claro o penalti?
Eu estaba no pau e non o vin. 

Que se che pasou pola cabeza cando Iván ía cara o balón?
Pensei que o ía asegurar ao medio, seguro. Pero quen lle di algo a Rama se para mil penaltis...

Estivo moi ben no xogo aéreo.
A primeira saiulle ben e a segunda tamén. A partir de aí estivo perefecto. Ademais, el é un porteiro valiente.

Que che pareceu o Laracha?
Un bo equipo que move ben o balón, pero faltoulle profundidade. Pode que notara a baixa de Iago Blanco.

Como celebraches o gol de Pablo?
Ía correndo hacia o córner, vin un colega meu de toda a vida e fun por el. Estaba moi contento. 

Este ano xogas menos.
O míster xa me di que fóra igual hai que buscar algo máis de músculo. 

En que está fallando o Paiosaco fóra da casa?
Estanos faltando saber defender un pouco máis atrás. Gústanos moito apretar arriba e, se roubamos, ben, pero se non hai que morrer cara atrás e se o rival ten calidade...

Pero o equipo pode ser igual de intenso estando replegado.
Pero cústanos moito porque somos futbolistas de apretar, de ímpetu. Xogadores, equipo, directiva e club somos de ir sempre cara arriba.

 

As cartas cara arriba

“O Paiosaco estaría morto se fose filial do Deportivo”

Poucos podían ter a dúbida de que Josiño acabaría xogando no clube da súa vila. O Paiosaco é un dos seus órganos vitais.

Que opinas do filialidade do Laracha? 
Se pasa en Paiosaco, o club está morto. A afección prefire estar en Segunda Rexional a que pase isto. Nunca se pode vender o equipo. O clube é o clube, non o Deportivo C. Eu no o perdoaría na vida.

Canito quixo repescarte para o Laracha.
Son moito de ‘Peisaco’. Canito chamoume cando estaba no Arteixo, cómodo, por certo; pero tiña claro que ía fichar polo Paiosaco. Incluso cheguei a plantexarme baixar varias categorías, a Primeira ou a Segunda, para axudar no que puidese. Son socio do Paiosaco desde os tres anos.  

Josiño Vázquez: “Xogadores, directiva e club somos de ir sempre cara arriba”

Te puede interesar