Josiño: “O fútbol está sendo un pouco inxusto con nós”
lll
17º-23º

Josiño: “O fútbol está sendo un pouco inxusto con nós”

Josiño: “O fútbol está sendo un pouco inxusto con nós”
25 noviembre 2019 Fútbol Tercera División Temporada 2019-2020 Paiosaco - Compostela 0-0

Usuario

O Paiosaco é colista do grupo 1 da Terceira División con 14 puntos en 21 partidos xogados. Xa está a nove dos postos de permanencia. O pasado domingo non puido co As Pontes, un rival directo, no Poboado. A pesar de que xerou moitas ocasións, o equipo de Juan Riveiro perdeu por 3-1. 

“Tivemos moitas ocasións pero fallámolas todas”, explica Josiño, un dos pesos pesados do Paiosaco que no Poboado, na última xornada de liga, comezou o partido desde el banco. “Marcáronnos dous goles de saques e banda e iso non pode ser. E, ademais, chegamos arriba, temos moitas ocasións e non as metemos”.

Con 16 xornadas por diante, a permanencia do Paiosaco non está imposible pero si moi complicada para o equipo verde e branco. “Está moi difícil porque só levamos dous partidos gañados. A realidade é que non lle gañamos a ninguén. Non nos pintan a cara pero márcannos goles de risa”, recoñece un dos veteráns do conxunto peisaqués.

Juan non vai permitir que diminúa a intensidade no traballo

Como pode o Paiosaco arranxar a mala dinámica de resultados? “O certo é que non vexo solución. Non podemos dicir que estamos facendo as cousas ben porque só temos 14 puntos pero estamos tendo ocasións ante todos os equipos. Non estamos acertando e os rivais si. Esa é a diferencia. No último partido na casa, o Estradense, ata que marcou o 0-1, non nos chegara a portería. Parece que está todo en contra de nós esta tempada”, subliña Josiño.

A pesar da mala situación na táboa clasificatoria, Josiño apunta que o traballo semanal mantén a mesma intensidade que no primeiro adestramento. “Estamos adestrando todos a tope, non falta ninguén e isto é algo que noutros equipos podería pasar”.

Se o Paisaco non gaña ao Silva o vindeiro domingo, a situación podería ser aínda máis complicada para o equipo.  “Iso sempre está aí, pero Juan non vai permitir que diminúa a intensidade no traballo baixo ningún concepto. É unha pena porque non merecemos ter 14 puntos. Polo menos debíamos estar co grupo de 20 puntos aínda que ao final non se poida conseguir o obxectivo”, apunta o medio peisaqués.

O Paiosaco necesita un impulso para que os resultados positivos cheguen dunha vez. “Nunca nos poñemos por diante nos partidos. Falaar de merecemento non fútbol é como non dicir nada, pero estamos merecendo máis puntos dos que temos. Nesta situación encóllense as pernas. Se descendemos non pasa nada pero é unha pena que sexa así porque estamos a competir ben contra todos os rivais e o fútbol está sendo un pouco inxusto con nós”.

Este domingo, o Paiosaco desputa unha auténtica final na Porta Santa. “Se gañamos ao Silva poñerémonos a un partido deles. En decembro estaban preto da fase de ascenso e agora están en postos de descenso. Iso quere dicir que as situacións dos equipos poden cambiar drasticamente en cuestión dun mes. Temos que dar o resto para intentar alcanzar o pelotón de equipos que están preto dos postos de permanencia”, expresa Josiño.

A nivel individual, Josiño recoñece que “estou mal. Dóeme moito o xeonllo, nos adestramentos moléstame. Está a ser unha tempada moi mala para min”, conclúe.

Josiño: “O fútbol está sendo un pouco inxusto con nós”

Te puede interesar