José Manuel Álvarez: “Un director deportivo ten que estar sempre velando as armas”
lll
17º-23º

José Manuel Álvarez: “Un director deportivo ten que estar sempre velando as armas”

José Manuel Álvarez: “Un director deportivo ten que estar sempre velando as armas”
01 junio 2019 Fútbol Preferente José Manuel Álvarez, director Deportivo del Fisterra

Usuario

É o Monchi da Costa da Morte. Se o pasado verán formou un dos equipos máis atractivos do grupo 1 da Preferente Galega, no mercado de inverno apuntalouno coas fichaxes de dous futbolistas da talla de Albor e de Juan de Dora. José Manuel Álvarez é o director deportivo do Fisterra.

Cando o Fisterra xogou contra o Montañeros na primeira volta, a situación do equipo era outra. Pensaba que podía estar a estas alturas no segundo posto?

Tendo en conta o equipo que formei, o obxectivo para min era estar entre os oito primeiros pero temos a permanencia case amarrada e o obxectivo cambiou. Non estamos na obriga de ascender como o Viveiro, o Boiro ou o Noia, que nos triplican en presuposto e número de socios, pero intentarémolo ata o final.

“O obxectivo cambiou”. Soña o vestiario co ascenso?

Non é o obxectivo do equipo, intentarémolo pero a obriga téñena outros equipos. O único equipo podo garantizar é que o Fisterra loitará.

Di que hai equipos da liga que triplican en presuposto ao Fisterra pero vostede firmou a Herbert, Taboada, Juan de Dora…

É moi simple. Herbert e Santi Taboada estaban nas súas casas, igual que Capelo e Iván González na pasada tempada, expliqueilles o proxecto e convencinos ilusionándoos. No caso de Juan de Dora, levo detrás del desde agosto, non estaba demasiado a gusto no Paiosaco e puiden convencelo.

Cal é o segredo do Fisterra?

Traballar e competir.

Como se ve o Fisterra despois de uns cantos meses competindo na Preferente?

A nosa intención é asentarnos e consolidar o equipo na categoría, algo que creo que estamos conseguindo. Debemos desfrutar do momento e, se podemos chegar vivos á última xornada, loitaremos polo ascenso. Nin para o club, nin para min, como director deportivo, o obxectivo é o ascenso. 

A nosa intención é asentarnos e consolidar o equipo na Preferente

Houbo máis dun equipo en diferentes con posibilidade de ascender do que se dixo que non lle interesaba subir de categoría. Ten o Fisterra viabilidade para estar na Terceira?

Dicíase que non teríamos viabilidade en Preferente e a directiva fixo un traballo espectacular. Se subemos a Terceira haberá que traballar o doble do que se traballa esta tempada. Non creo que haxa moita diferencia económica de Preferente a Terceira.

Que diferencias atopou respecto á Primeira Galicia?

É unha categoría moi igualada, similar á Segunda División, con equipos moi competitivos, máis física que outra cousa e na que calquera equipo pode gañar a calquera.

Sorprendeulle algún equipo?

A Sarriana da primeira volta. Parecía un reloxo suízo. Foi o equipo que máis me gustou a nivel táctico.

Despois de pasar o mercado de inverno, xa está finiquitado a traballo do director deportivo ata a próxima tempada?

O meu traballo non ten descanso, un director deportivo ten que estar sempre velando armas. 

Vendo todo cunha perspectiva de sete meses, está contento co equipo que fixo?

Todos os xogadores que quixen fichar, ficheinos e estou contento. Se ascendemos a Terceira pode que a miña primeira opción me diga que non e teña que ir a pola segunda ou a terceira.

Responderon os xogadores polos que apostou?

De momento si pero que non durman porque comigo pode pasar calquera cousa.

A nivel de resultados, o equipo está a curmprir as expectativas sobradamente. Tamén en canto a xogo?

O equipo ten que traballar moito máis tanto en aspectos técnicos como tácticos, pero iso é cousa do adestrador. Nunca se pode dicir que o equipo está ben traballado porque sempre hai aspectos nos que mellorar. O mellor que ten este equipo é que, ademais de bos xogadores, hai moi bo grupo humano. Temos un vestiario moi sano.

Ademais de bos xogadores, hai moi bo grupo humano e un vestiario moi sano

Ten algunha asignatura pendente o equipo?

Estamos a competir ben, pero nos primeiros dez minutos sempre saímos durmindo e non sei por que. Temos que reaccionar nese aspecto e saír máis concentrados. 

Que lle pide ao que resta de liga?

Que as lesións nos permitan competir ata o final. 

Como cre que vivirá a nivel persoal o tramo final da liga?

Nunca estou tranquilo. En cada tempada en Fisterra perdo cinco anos de vida (bromea).

Cales son para José Manuel Álvarez os dous favoritos para o ascenso a Terceira?

Viveiro e Noia. 

A afección do Fisterra, segue respondendo en Preferente como na Primeira Galicia?

Non creo que a afección duplicase o que xa había, creo que triplicou respecto á pasada tempada. 

Como asimilan os socios que haxa cada vez máis xogadores que non son fisterráns?

Algúns dos fisteráns que había no equipo quixeron marchar e outros, desde o meu punto de vista, non daba o nivel para a Preferente. Aínda así o 75% do equipo está formado por futbolistas de Fisterra e os que non son de aquí, son de fóra o primeiro día porque despois xa se volven fisterráns. 

O Fisterra perdeu en Boiro e gañou de forma axustada na casa (4-3) ao Lemos. Como se presentará mañá na Grela?

Temos dous xogadores importantes como son Breixo e Herbert lesionados pero creo que hai equipo suficiente para competir co Montañeros.

Que recorda do partido da primeira volta contra o Montañeros no Ara Solis?

Foi un equipo que me gustou moito, moi aguerrido, moi traballado, moi competitivo. Non me explico que lle pode estar pasando porque ten moi bos xogadores.

José Manuel Álvarez: “Un director deportivo ten que estar sempre velando as armas”

Te puede interesar