José García Liñares: "Vía que o equipo ía a menos de forma alarmante; agora ten identidade"
lll
17º-23º

José García Liñares: "Vía que o equipo ía a menos de forma alarmante; agora ten identidade"

José García Liñares: "Vía que o equipo ía a menos de forma alarmante; agora ten identidade"
14 junio 2015 página 08 Cerceda.- José García Liñares fue investido como alcalde de Cerceda por sexta vez

Usuario

Voz autorizada do fútbol galego, José García Liñares, alcalde de Cerceda, fai balance dos últimos meses de liga nos que o Cerceda cambiou de adestrador ­-José Luis Lemos sustituiu a Ángel Cuéllar-­. O equipo do Roxo disputará este domingo o último partido de liga ante o Silva xusto antes de encarar o seu enémiso playoff.

Está a gustarlle o xogo do Cerceda?
Como todo na vida, pódese facer mellor, o xogo podería ser máis bonito, pero estou contento co que estou a ver.

Que lle falta para ser aínda mellor?
Compensar algo o equipo. Creo que non está o ben estructurado que debería. Tal vez falte algún mediocentro que teña capacidade para levar o peso dos partidos. Comenteillo no seu día ó anterior adestrador e el díxome que esa peza era Carlos. Creo que non se pode facer moito mellor. De feito, eu faría practicamente as mesmas alineacións que está facendo Lemos.

Está acabando nun bo momento de xogo o equipo?
Físicamente está chegándonos un pouco. Tivemos unha curva bastante baixa nas últimas semanas. Estou vendo ó equipo mellor nas primeiras que nas segundas partes.

O equipo leva moitas semanas sen Angeriz e Agulló. Estao a notar?
Si. Ó non haber rotacións, o equipo está acumulando moito cansancio. Estamos a finais de liga e é un factor normal.

Ten opcións de ser segundo o Cerceda?
Eu creo que si porque o Arosa tense que xogar no último partido o todo polo todo, aínda que as súas opcións diminuiran o pasado domingo. Vin ó Rápido recentemente e consdero que anda moi xusto.

Cre que deu o resultado esperado o cambio de adestrador?
Si. Eu vía que o equipo ía a menos dunha forma alarmante. Coa chegada de Lemos, colleu rumbo e está dando a talla. Estabamos cuartos e agora somos terceiros cos mesmos puntos que o segundo. É algo que tamén podería pasar con Cuéllar pero vexo mellor ó equipo, cunha identidade.

Ninguén cambia de adestrador para tirar pedras sobre o seu propio tellado

Visto o visto cre que foi acertado o troco de adestrador durante a segunda volta de competición?
Queríamos conseguir estabilidade. Só perdemos un partido e pasou contra o campión nun escenario moi igualado no que caemos pero perfectamente puidemos gañar. Esa derrota en Abegondo descartounos da pelexa polo título pero, en cambio, o equipo gañou en regularidade.

En que cambiou o equipo coa chegada de Lemos?
Agora o Cerceda sabe ó que xoga. Podemos xogar máis ó ataque ou máis defensivo. Ningún clube cambia de adestrador para tirar pedras sobre o seu propio tellado.

Por que se apostou por el?
Non é o mesmo cambiar de adestrador ó principio que finalizando a tempada. Era esencial fichar un adestrador que coñecese ben a categoría e se, ademais coñecese a casa, moito mellor. Non había ninguén mellor que reunise estas condicións.

Ata cando é o compromiso?
En principio é ata o final desta tempada pero se se conseguisen os obxectivos, o clube está interesado en que continúe, tanto en Terceira como en Segunda B.

Lemos non ten a licencia de adestrador tramitada, por que?
Non chegamos a un acordo co anterior adestrador. Nós pagámoslle unha cantidade, dez meses, e el di que lle debemos un mes máis. O asunto está en mans da Federación e se o desestiman, recorriremos. A diferencia é mínima, son 500 euros, pero se o temos que facer, chegaremos á Xustiza Ordinaria.

Temos interesés en que siga lemos tanto en Terceira como en Segunda B

De que está pendiente o Cerceda?
Esperamos o fallo da Federación, algo que aínda non se produciu. Antes, as ligas antes empezaban en setembro e remataban en xuño, pero agora arrancan en agosto e conclúen en maio. De feito, esta liga acabará este domingo, o 14 de maio. Cuéllar reclámanos o mes de xuño, unha mensualidade que lle pagamos en agosto. Aínda que tivera a razón, é chamativo que reclame 500 euros. Di publicamente que leva o Cerceda no corazón e despois reclama 500 euros. Quérenos moito de boquilla pero non na realidade. O propio Cuéllar firmou que se lle debían catro meses e despois reclamou un máis. Cesou o día 10 e o acordo era pagarlle ese mes completo e os catro restantes. Por tanto, a ficha de Lemos é provisional mentres a Federación non conteste.

Despois de catro tempadas e media de estabilidade, o Cerceda destituiu un adestrador na metade da liga, por que?
O equipo non sabía ó que xogaba e non viamos que se tomasen decisións ó respecto. De feito, non partido contra o Choco díxolle ós xogadores no descanso, con 2-0 a favor, que se vía que o Choco ía remontar. Sabía que o Cerceda ía perder, pero non tomou ningunha decisión para impedilo. Foi advertido tres ou catro veces dos erros que había e non corrixiu nada desde a pretempada.

Que lle pide Liñares aos xogadores para a fase de ascenso?
O primeiro, que gañen este domingo para tratar de quedar segundos. Sería unha boa noticia xogar a Copa do Rei. Ademais, non é o mesmo xogar os partidos de volta na casa que facelo fóra. Despois pídolles esforzo. No playoff hai que eliminar a tres equipos, algo moi difícil, pero sempre hai que facer o máximo e, se non se logra, quedar coa conciencia tranquila.

Nunca fixemos nada por non ascender e si moitas cousas por intentar ascender

Hai algún xogador que non estea ó seu nivel óptimo?
Ó igual que hai xogadores que están por encima do seu nivel agardado, hai outros que están ofrecendo menos rendemento e hai outros que se poder reservar para os partidos especiais.

Está contento co grupo de xogadores desta tempada?
Polo que a min me chega, non hai nada que reprochar, tanto esta como a tempada pasada.

A idea é darlle continuidade a este grupo de xogadores?
Non falamos aínda co adestrador porque non sabemos en que categoría estaremos. Pola parte da directiva, a inmensa maioría podería seguir.

Espera algunha oferta por Uxío dalgún clube de Segunda B?
É normal que lle cheguen ofertas. É un xogador importante que encaixou moi ben no clube e espero que siga moitos anos. Haberá que valoralo un pouco máis para intentar retelo porque é a pedra angular do equipo.

A única fichaxe do mercado de inverno foi Adrián Martínez, está dando o resultado esperado?
Foi unha petición do anterior adestrador para apuntular unha zona do campo na que o equipo estaba algo coxo e conseguiuse.

Haberá que valorar un pouco máis a Uxío porque é a pedra angular do equipo

Que posibilidades lle ve ó equipo para o playoff?
Vai depender de como esteamos nós e dos rivais que nos toquen. Non é o mesmo xogar contra un catalán que, con todos os respetos, un extremeño. Onde hai cantidade soe haber calidade.

Énesima fase de ascenso do Cerceda. É certo que houbo anos nos que non se quixo ascender?
Non. Négoo rotundamente. Cando os adestradores quixeron ir a un bo hotel, foron; cando quixeron ir un día antes, foron. Podo asegurar que nunca fixemos nada por non ascender e si moitas cousas por intentar ascender.

Que equipo será o cuarto clasificado?
O Bergantiños. Xoga contra un rival que non ten moito que facer nesta liga.

Seguirá Lemos no Cerceda a próxima tempada?
Nós queremos que siga, pero vai depender del.

O FUTURO DO CCD CERCEDA

"Ascender é un salto importante para o clube"

Con toda a fase de ascenso por diante, o futuro do Cerceda preséntase como unha incógnita pero José García Liñares trata de dar algunha pista dos pasos que podería seguir o clube a vindeira tempada.

Estaría capacitado o clube para dar o salto a Segunda División B?
É un salto importante. Se ascendemos, faremos todo o posible para que o equipo dea a talla. Conseguiremos cartos de onde sexa. Tamén é unha moi boa oportunidade para o Concello de darse a coñecer por España.

Avecíñase algún cambio na dirección do clube?
Non. Tal vez apuntalemos a xunta directiva coa entrada dalgún empresario que nos poida axudar.

Vaise continuar na mesma que a liña que esta tempada?
Que todo siga parecido e poidamos potenciar o clube.

Cales son as funcións de Liñares no clube?
Non teño ningún cargo nin tomo decisións directas. Dou a miña opinión e chegamos a un consenso.

Hai algún xogador con contrato ou xa renovado para a vindeira tempada?
Non se falou con ninguén; nin cos da casa nin de fóra.

José García Liñares: "Vía que o equipo ía a menos de forma alarmante; agora ten identidade"

Te puede interesar