Galicia xa ten nomes e apelidos para o Campionato de España
lll
17º-23º

Galicia xa ten nomes e apelidos para o Campionato de España

Galicia xa ten nomes e apelidos para o Campionato de España
A convocatoria da sub-16 | futgal

Usuario

Son os nosos, os 36 elixidos para seguir soñando cunha fase final. Os seleccionadores David Páez e Jesús López, da sub-14 e sub-16 respectivamente, deron a coñecer as convocatorias definitivas de Galicia para a disputa da segunda fase do Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar entre mañá e o domingo na localidade de Oira, en Ourense.

Despois de varias sesións de traballo os corpos técnicos dos elencos autonómicos definiron a lista dos 18 xogadores que compoñen cada equipo. Os nosos chegan a esta cita con moi boas sensacións e conscientes de que xogar na casa pode ser un factor diferencial.

Galicia rematou primeira do Grupo D na primeira fase do campionato nacional que tivo lugar o pasado mes de decembro en Logroño. Na Rioxa, o combinado sub-14 sumou seis puntos tras superar á anfitrioa e ao País Vasco, mentres que a sub-16 sumou tres puntos ante A Rioxa e caeu na segunda xornada ante o País Vasco. Na terceira e última xornada desta primeira fase o País Vasco gañou os dous partidos ás seleccións de A Rioxa, pero por un número de goles insuficientes para desbancar a Galicia da primeira praza. Ese primeiro posto fai que Galicia afronte a segunda fase como anfitrioa no Municipal de Oira.

A convocatoria da sub-14 | futgal
A convocatoria da sub-14 | futgal


Opcións dos cadetes

A sub-14 que dirixe David Páez é unha das cinco que gañou os dous partidos na primeira fase. O elenco infantil galego presentou deste xeito a súa candidatura entre o grupo de favoritos para alcanzar a fase final deste Nacional.

Malia todo, os resultados indican que nove puntos poden ser insuficientes para asinar o billete, polo que o combinado ‘irmandiño’ sairá con todo co obxectivo de gañar os dous partidos ante Estremadura e Ceuta da segunda fase para asegurar a clasificación.

Hai que ter en conta que Estremadura, rival de grupo, é precisamente un dos equipos que pode desbancar a Galicia dos catro primeiros postos.

Moito máis difícil será a clasificación para o combinado cadete. Ten que gañar os dous partidos e agardar que lle favorezan resultados dos rivais que ten por enriba na táboa

Galicia xa ten nomes e apelidos para o Campionato de España

Te puede interesar