Galicia, pola porta grande
lll
17º-23º

Galicia, pola porta grande

Galicia, pola porta grande
seleccion_galega_sub14_fase_final.20200308183133_18314314

Usuario

Pleno (12 puntos de 12 posibles) e directos á fase final. A selección galega sub-14 certificou na terceira e última xornada desta segunda fase do Campionato de España o billete para as semifinais do torneo pola porta grande. O elenco preparado por David Páez goleou a Ceuta e pechou unha fase de clasificación sobresaínte. Co asubío final, a festa desatouse sobre o céspede sintético do campo de Oira.

Galicia tiña todo de fronte na previa tras a súa dobre vitoria na primeira fase que tivo lugar en Logroño e o triunfo do pasado venres ante Estremadura para alcanzar o obxectivo. Un empate e mesmo unha derrota ante Ceuta podería valer un pase, pero os nosos saíron con todo para completar a súa particular obra mestra. Dito e feito.

O combinado galego Infantil deixou encarrilado o encontro na primeira metade grazas aos tantos do capitán visitante, Javier Martín, en propia meta, e ao gol de Martín de penalti. A faena púxoselle moi de cara para Galicia no minuto 4 cando tras unha acción a balón parado chegou o 1-0. Javier Martín non quería, pero acabou cabeceando ao fondo da súa propia meta.

Galicia foise sentindo máis cómoda co paso dos minutos e no 29 chegaría o 2-0 obra de Martín desde o punto de penalti penalti. Co segundo chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios o partido tivo pouca historia. Si que houbo máis goles. O 3-0 e o 4-0, obra de Miguel Conde, que asinaba un dobrete. Ademais, o seleccionador galego David Páez aproveitou o encontro para premiar e dar minutos a todos os xogadores.

O 5-0 foi obra do deportivista Jorge García no último minuto cun lanzamento de falta directa. Co asubío final comezou a gran festa do combinado galego infantil sobre o propio céspede e continuou no vestiario. As semifinais xa agardan aos nosos do 17 ao 19 de abril. A Federación Galega, que solicitará a organización do evento, non coñecerá o escenario e o seu rival ata próximas datas.

Os seus posibles adversarios son os combinados de Andalucía, que tamén acadou unha ducia de puntos, Valencia e Madrid, con dez.

Despedida agridulce
Con bo sabor de boca. Así se despediu a selección galega sub-16 do Campionato Nacional. O combinado dirixido por Jesús López derrotou a Ceuta na última xornada e endulzou o seu adeus á posibilidade de clasificarse para a fase final.

Stefan Bajcetic, un dos grandes protagonistas, anotou dúas dianas, ambas de cabeza e en sendas accións a pelota parada. O primeiro chegou na primeira metade e o segundo tras pasar polos vestiarios.

Galicia foi superior ao combinado ceutí. Ademais, López tamén deu minutos a todos os xogadores que foron citados para esta segunda fase. O deportivista Martín Ochoa mantivo o seu idilio co gol e na primeira pelota que tocou anotou o 3-0 para os nosos na segunda metade. O 4-0 foi obra de Álex Comparada cun lanzamento seco ante o que pouco puido facer o meta ceutí. Xa na recta final anotaría o 5-0 Robert Carril desde o punto de penalti.

O combinado Cadete terminou na sexta posición con nove puntos. Valencia (12), Cataluña, Castela A Mancha e Aragón (10) loitarán polo título na fase final.

Galicia, pola porta grande

Te puede interesar