Espectáculo, ilusión e goles nunha estrea para o recordo
lll
17º-23º

Espectáculo, ilusión e goles nunha estrea para o recordo

Espectáculo, ilusión e goles nunha estrea para o recordo
As xogadoras do Depor celebran un dos goles anotados na noite do martes | patricia g. fraga

Usuario

O Deportivo Abanca superou con creces as expectativas do seu primeiro partido oficial no estadio de Riazor e na Copa da Raíña. O equipo branquiazul goleu ao Valencia e contaxiou a 7569 espectadores coa súa alegría dentro e fora do campo. Tamén ficou impresionada a bancada de prensa nunha ocasión especial, polo escenario e a competición.

Javi Torres, xornalista radiofónico con máis de 20 anos de experiencia e locutor da Radio Galega nos partidos do Deportivo masculino, Rocío Candal, especialista en fútbol feminino no En Xogo e en Riazor.org e voz nas fins de semana do Galicia en Goles, e Sara Gallego, conductora do programa Punto Pelota Coruña de Intereconomía, valoran unha noite para o recordo.

“Foi unha estrea sensacional, estou empachado pola cantidade de goles e sorprendido pola resposta da afección, que me pareceu espectacular”, comenta Javi, que destacou a superioridade branquiazul: “Ofensivamente foi un vendaval, sobre todo as dúas dianteiras”.

“Conseguir que Riazor presentase unha boa entrada era un dos medos na previa e que o equipo non estivera nervioso polo escenario, outro. Con máis de 7000 persoas no apartado social e un 7-2 no marcador cumpríronse os dous obxectivos con creces”, resume Rocío, antes de expoñer a súa visión puramente futbolística: “O equipo gañou e convenceu. Volveu a sentirse cómodo con balón e preciso ao saír tocando desde atrás. Reencontrouse consigo mesmo, en certo modo, e tivo a frescura que lle faltara contra Granadilla e Athletic”.

9 DIANAS
A goleada do Depor contra o Valencia (7-2) supuxo o marcador máis amplo dos oitavos de final

“Titularía o partido como ‘Éxtasis en Riazor’. Non puido haber mellor estrea para o equipo no estadio e na competición. Foi igual de ilusionante para o equipo e para toda a xente. Para algún sería a súa primeira vez e estou segura de que repetirán”, comenta Sara.

¿A masiva resposta da parroquia branquiazul abre a porta a próximos partidos do equipo feminino en Riazor? “Encantaríame que os seguintes partidos de Copa fosen en Riazor. É a casa de todos e todas”, valora Torres. “Este partido debe ser unha porta aberta, sexa na Copa ou na liga, para repetir un día de portas abertas en Riazor”, opina Sara. “Estou convencida de que se, en cuartos, o Depor volve xogar como local e en Riazor, a entrada sería aínda mellor”, cavila Rocío.

Coa permanencia en Primeira asegurada desde xaneiro e agora nos cuartos de final da Copa, o debut do Depor na elite supera todas as expectativas. “Por riba de todo destacaría o bloque. O equipo ten talento individual en todas as posicións e está sendo capaz de poñelo ao servizo do equipo. O club mantivo a columna vertebral de Segunda e fichou máis talento (defensivo e ofensivo). As incorporacións melloraron o que había e, ademáis, conta cun bo vestiario, algo decisivo”. analiza Candal.

Gallego resalta “a conexión e confianza que teñen entre elas, ese xogar prácticamente de memoria” e Torres engade “o traballo desde atrás da xente que se encarga do equipo, Pablo Pereiro (directivo encargado do feminino) e Manu Sánchez (adestrador)”.

Espectáculo, ilusión e goles nunha estrea para o recordo

Te puede interesar