O Depor gaña ao Friol e completa a súa tempada fantástica
lll
17º-23º

O Depor gaña ao Friol e completa a súa tempada fantástica

O Depor gaña ao Friol e completa a súa tempada fantástica
Deporte Campeón-2019-06-12-013-4863fb0e

Usuario

O Deportivo Abanca completou o seu ano fantástico en Ordes onte á noite. O colectivo dirixido por Manu Sánchez puxo a guinda ao pastel a un curso histórico coa conquista este martes da Copa Galicia de Segunda Nacional tras derrotar na gran final que se disputou no campo de Vista Alegre ao PM Friol-CD Lugo.

O bloque herculino, que recentemente fixo historia ao certificar o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino español, cumpriu cos prognósticos e fíxose coa copa deixando a final practicamente sentenciada na primeira parte grazas aos tantos de Aroa en propia porta, o dobrete de Alba Merino e un tanto de Gaby na recta final da primeira entrega que fixo o 4-0.

O PM Friol-CD Lugo compareceu na cita con moitas baixas, pero o conxunto que dirixe Josito Jul en ningún momento arroxou a toalla a pesar da superioridade do equipo herculino, que non tivo ningún problema para administrar a vantaxe e xogar una segunha metade cómoda e sen riscos que rematou cun 2-1 e un 6-1 no global do encontro.

O encontro perdeu intensidade tras a continuación e os dous equipos moveron o banco para dar minutos a todas as xogadoras que viaxaron ata Ordes para tomar parte nesta final da Copa Galicia, un evento que puxo de manifesto o excelente estado de saúde do que goza o fútbol feminino en Galicia.

O Depor gaña ao Friol e completa a súa tempada fantástica

Te puede interesar