Cúmprese unha semana da presentación do Sofán Aspaber
lll
17º-23º

Cúmprese unha semana da presentación do Sofán Aspaber

Cúmprese unha semana da presentación  do Sofán Aspaber
Deporte Campeón-2018-12-08-019-89bf9d71

Usuario

Coa inestimable colaboración da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños, (ASPABER), a SD SOFAN decidiu crear unha nova categoría composta por deportistas con Discapacidade Intelectual de todo tipo de idades e sexo. Con esta iniciativa busca a integración social a través do deporte, o cal debe ser entendido como elemento de cohesión e de transmisión de valores hacia a sociedade, facendoa reflexionar sobre a importancia duns valores basados no respeto e na igualdade entre as persoas’, reza o comunicado que emitiu a Sociedade Deportiva Sofán con motivo do acto que se celebrou no Carral o pasado sábado disputando un amigable contra o Deportivo da Coruña da Liga Genuine.

A presentación deste equipo comezou ás 11.00 horas coa recepción de invitados e deportistas, despois das fotografías de rigor, pero punto central do acto dará arrancou  as 12.30 co partido amistoso entre a SD Sofán ASPABER e o RCD Deportivo da Coruña da Liga Genuine; equipo tamén conformado por deportistas con discapacidade intelectual.

Foi un partido de carácter non competitivo e seguindo normas que non só premian os goles, se non que tamén se premiarán as accións deportivas e os bos xestos de compañerismo. Ó final do encontro os participantes desfrutaron dun ágape, durante o cal falarán sobre as vivencias da xornada e participaron nun ambiente de cordialidade e compañerismo, desexando verse no seguinte encontro.

Foron varios os cargos públicos destacados que estiveron presentes no renovado campo do Carral o pasado sábado nun evento, que ó noso entender, ten que ser a primeira pedra dunha forma de ver o deporte como elemento de concienciación social, de reflexión e de mellora na plena inclusión de colectivos ós que, por diversas razóns, se atopan con dificultades a hora de acceder as áctividades cotiás para o resto de cidadáns. Unha vez máis, un club humilde e en pleno crecemento como o Sofán volve dar unha lección do que significa realmente o deporte cunha iniciativa que seguro será un exemplo para moitos outros clubes.

Cúmprese unha semana da presentación do Sofán Aspaber

Te puede interesar