Cristopher: “O fútbol débelle un ascenso ao Bergantiños”
lll
17º-23º

Cristopher: “O fútbol débelle un ascenso ao Bergantiños”

Cristopher: “O fútbol débelle  un ascenso ao Bergantiños”
deporte campeón-2019-04-30-015-89d499d8

Usuario

As súas actuacións foron vitais nas dúas últimas xornadas ante o Barco e o Céltiga. O Bergantiños gañou eses dous partidos, en boa medida, grazás ás intervencións do gardarredes Cristopher. 


A última foi na Illa de Arousa por 0-1. “Na primeira parte tivemos o partido controlado e aínda puidemos aumentar o marcador co tiro ao pa de Cañi. Na última media hora sufrimos moitísimo pero entre todos soubemos ser compactos e sacar os tres puntos. Era de esperar que eles apretaran moito xa que estaban xogándose a vida para non descender. Colgaban moitos balóns, nós estabamos demasiado repregados atrás e por iso nos costaba moito salir da nosa área”, explica Cristopher.


O Bergan garantiu a súa presenza na fase de ascenso o pasado mércores e o segundo posto o último domingo. “En parte é normal que pareza que non ten valor cando botamos a maioría da liga no primeiro posto, pero ten un mérito grandísimo cando na liga están Racing de Ferrol e Compostela e, a falta de dúas xornadas, aínda optamos ao primeiro posto”.


Nas últimas semanas, Miguel Figueira innovou cun debuxo con tres centrai. “Sinceramente, síntome respaldado con todos os sistemas cos que xogamos. Temos grandes futbolistas que se poden adaptar aos sistemas que o míster crea convinte en cada partido e temos que intentar que en cada un deles nos creen o mínimo dano posible en defensa. Estamos traballando día a día para facer que a proposta que decida o míster sexa a mellor”.

O porteiro do Bergantiños recoñece que “está claro que chegamos algo xustos a nivel de efectivos, pero non nos serve de excusa. Nesta gran plantilla ninguén é imprescindible e sabemos que, o que xogue, vai render da mellor maneira”.

Cristopher non tivo sorte nunha acción ante o Polvorín. “A nivel persoal estaba contento aínda que non me saíran ben os dous últimos partidos. Un sempre quere facelo ben e axudar ao equipo pero existen os fallos e hai que saber convivir con eles e superalos”. 


O ‘1’ do Bergan desvela que “non podo estar ao 100% por molestias que arrastro pero aínda así estou contento por como me vai a tempada. Un día non paras un taxi e o outro es o mellor porteiro do mundo. Está claro que o erro de Polvorín é clamoroso e anímicamente fíxome chorar de rabia polo momento no que sucedía, sobre todo cando vía que o equipo estaba dando todo e con un erro meu tirei o seu traballo. Son unha persoa forte de cabeza e, por sorte, nestes dous últimos partidos puiden sobrepoñerme a todo iso”. 


Tamén fala de superación .”Non sei como é o resto de porteiros pero eu intento ser esixente todos os días comigo mesmo e intento superarme día a día porque me apasiona o que fago no club donde o fago. O día que non sexa esixente comigo mesmo deixarei o fútbol”, subliña.

Obxectivo
Sobre o obxectivo no treito final de liga, “mentres as matemáticas digan que podemos chegar ao primeiro posto, seguirei crendo. No fútbol non hai nada seguro, a esperanza nunca se perde e esta plantilla meréceo. Sempre tiven confianza no equipo todas as tempadas  nas que nos metemos en fase, pero creo que este ano somos máis maduros que nos dous anteriores. Temos moitos xogadores con experencia á hora de xogar un ‘playoff’. Creo que o fútbol débelle un ascenso o Bergantiños e ogallá sexa este ano”, conclúe. l

Cristopher: “O fútbol débelle un ascenso ao Bergantiños”

Te puede interesar