Canito e Carlos queren cantar as corenta mañá
lll
17º-23º

Canito e Carlos queren cantar as corenta mañá

Canito e Carlos queren cantar as corenta mañá
tute IMG_2376-col

Usuario

Non haberá comida de directivas o mesmo día do partido, como normalmente sucede cos equipos de Primeira División. Tampouco haberá concentración de peñas e socios nos prolegómenos do encontro, pero ao Laracha-Paiosaco non lle faltarán alicientes. José Manuel Ceide ‘Canito’ e Carlos García son os presidentes que se encargan de darlle normalidade ao primeiro derbi –Carlos non o considera así– en Terceira División entre os dous clubes laracheses.

Sobre o ambiente que pode haber mañá no Municipal, Carlos García, presidente do Paiosaco, comenta que “nestes partidos sempre se iguala moito todo a nivel de afección. Xente do Laracha que non vai en todo o ano ao campo, aparece neste tipo de encontros. Nós estamos levando 80 ou 90 siareiros como mínimo a cada partido fóra. A nosa afección é máis fiel nese aspecto. Moitos dos nosos socios son da Laracha, non supón nada para eles e esperamos a mesma xente que temos na Porta Santa”.

Canito e Carlos non terán es comida de directivas antes do partido como os profesionais pero, como é a relación entre Laracha e Paiosaco? “A nivel de presidentes é moi boa. Con Carlos, pero tamén antes con Alfonso, teña moi boa relación”; indica o máximo mandatario do Laracha. Pola súa banda, o presidente do clube verdebranco, engade que “cada clube tira polo seu e fai as súas peticións ao concello –non vou mirar polo Laracha e vou pedir sempre máis para nós– pero, con Canito, a relación sempre foi moi boa desde que estou como presidente”. 

A cabeza visible da directiva do Laracha naceu en Paiosaco e, ademais, valora o traballo que está a facer a entidade que preside Carlos. “O Paiosaco creceu moito nos últimos anos polo traballo ben feito. Cando hai xente que traballa ben a todos os niveis, nótase”.

O convenio do Depor
Carlos García non quere poñerse na pel do Laracha e imaxinar un convenio de filialidade co Deportivo como o do seu rival mañá. “Non mo aceptarían os socios. Foi un tema que se falou cando xurdiu o do Laracha. Estamos moi limitados e somos uns candidatos moi grandes a descender, pero nós queremos disfrutar a Terceira División á nosa maneira. Para o bo ou para o malo somos moi cerrados e moi de Paiosaco”. 

A maioría dos xogadores dos dous equipos non son do Concello da Laracha. “Según o dxt campeón, temos tantos xogadores de aquí como o Paiosaco (un cada un). Sei que os nosos futbolistas que quedaron tocados fisicamente no último partido queren chegar como sexa porque é un derbi histórico. Hai futbolistas da Laracha que teñen condicións para estar en Terceira División, pero a cabeza non lles deixa. Tanto o Paiosaco coma nós pelexamos porque xogadores de aquí estiveran no primeiro equipo pero prefiren xogar en categorías máis baixas ou en peñas. Con algún pelexei moito para que se centrase. Un xuvenil que xoga titular en Preferente non pode chegar borracho a un partido. As directivas dámoslles todos os medios para que poidan estar nunha categoría alta e non o aproveitan”, revela Canito.

Pola súa banda, Carlos García considera que o derbi de mañá non será coma os das últimas tempadas en Preferente e tamén fala sobre a ausencia de laracheses no seu equipo. “Non é o mesmo derbi que cando xogamos en Preferente. Os xogadores vivírono doutra forma. É histórico que xoguen dous equipos do concello en Terceira División, pero, para nós, cada partido que xogamos esta tempada é histórico. Estamos moito máis limitados que o Laracha neste partido. En canto á ausencia de laracheses, os xogadoresvaloran máis o de fóra que o da casa aínda que sexan peores condicións”.

En cambio, moitos siareiros pensan que son os clubes os que non lles dan oportunidades aos xogadores da canteira. “Os afeccionados saben que aos rapaces que veñen de fóra non se lles permite saír o día antes do partido, pero os de aquí queren facelo e din que o clube non os queren. Deberían adaptarse á disciplina do clube e terían sitio. E tamén, en moitas ocasións, os rapaces que comezan a destacar fichan por outros clubes”, asegura Canito.

Desde a Porta Santa, Carlos é autocrítico co que non se está a facer ben no fútbol base e tamén subliña o mandatario do peisaqués que “no Paiosaco sempre se tratou de ter á maioría de xogadores da canteira, pero por pensar que non teñen os minutos que cren que deben ter ou por non adaptarse á disciplina, deixan o fútbol e contra iso non se pode pelexar. Outro tema que temos pendente é traballar a base, algo que sempre se deixou un pouco apartado. Hoxe en día é moi difícil ter xente da zona en Terceira División, pero estamos traballando niso”.

Un dos detalles máis curiosos da entrevista cos presidentes do Laracha e do Paiosaco é que Carlos García non considera un derbi o partido de mañá. Por que? “Faleino no concello e coa propia xente do Laracha. O mesmo Gilsanz dixo, cando fichou, que el incorporábase ao Fabril e se o di o propio adestrador... Non o digo nun tono despectivo pero o derbi de verdade é o o dos pequenos”. Canito responde: “Nacho, Iago Blanco, Antonio e David García non están no clube pensando en que poden chegar ao Fabril, pero non vou dicir que non a esa axuda económica”.

Para José Manuel Ceide ‘Canito’ si vai ser un derbi. “Non me considero Deportivo C porque o noso nome é Laracha CF”.

En canto ao rendemento que están a ofrecer os seus equipos, ambos están satisfeitos. Carlos di que “estamos contentísimos e a morte co corpo técnico e cos xogadores. Saben que dentro das nosas limitacións dámoslles todo o que nos piden”. E Canito está “contento coa etapa que estamos a atravesar. Se non fora polo convenio seríamos un dos clubes con menos presuposto da Terceira. Queremos facer un bo papel e se pode ser aforrando cartos, mellor”.

É bo o empate fóra da casa para o Paiosaco neste partido? “Para o Paiosaco sempre é bo puntuar e máis fóra da casa. Quero gañar e non é que non sexa ambicioso, pero firmo puntuar sempre como visitante”.

A polémica do Barco
“Sempre dixen que non cría que o Barco non lle dera a oportunidade ao Paiosaco de desputar o partido. Non é lóxico que non lle dea a opción de xogar”, asegura Canito. “O luns falei co presidente do Barco, el xa tiña presentadas as alegacións e non me dixo nada”, conclúe Carlos García.

José Manuel Ceide, presidente do Laracha: “A afección do Paiosaco está máis aferrada ao equipo que a do Laracha”

Semana especial?
Só pola trascendencia do partido, é especial. É un encontro histórico ao enfrontármonos por primeira vez en Terceira.

Iguálase todo nun derbi?
Un derbi sempre está igualado. Aínda que un dos equipos tivese baixas, os que entrasen entregaríanse igual que os que se perderan o partido.

Haberá algunha prima especial por gañar este partido?
Os xogadores teñen que saír ao campo e rendir da mesma maneira sempre.

Pido que sexa un partido intenso, como debe ser un derbi, pero limpo

Que lle pides ao partido?
Que sexa intenso como debe ser un derbi, pero limpo.

Que supón este partido para o clube?
A nivel social, haberá unha alegría inmensa para o que gañe.

E a nivel persoal?
Aínda que son nativo de Paiosaco, son o presidente do Laracha e terei ansia de gañar como a pode ter Carlos.

Vai haber máis afección do Laracha ou do Paiosaco?
Sempre digo que a afección do Paiosaco está máis aferrada ao equipo que a do Laracha. Nós temos os socios de toda a vida que, ao mellor, se hai un partido importante na televisión, non veñen ao Municipal. A afección do Paiosaco é máis fiel e non falo desta tempada.

Carlos García, presidente do Paiosaco: “Para nós é máis derbi o partido contra o Bergantiños ca este; xogamos contra o Fabril”

Semana especial?

O problema é que esta semana estamos con outras cousas polo tema do Barco, pero é especial por xogar na Laracha, aínda que eu non o considero un derbi. Para min, este partido perdeu moito aínda que segue sendo especial. Co que falo cos siareiros ao principio da tempada, é máis derbi o partido contra o Bergan que este. Nós imos xogar contra o Fabril.

Hai favorito neste derbi?
Non hai unha diferencia abismal, pero para min ten un punto de favoritismo o Laracha porque xoga na casa, está mellor adaptado ás dimensións, está enriba na clasificación e está nunha boa dinámica e a nós, aínda que estamos competindo ben, sacando os partidos adiante con sufrimento.

Estamos facendo un esforzo grande esta tempada co que estamos a pagar

Haberá algunha prima especial por gañar?
Co clube que somos, estamos facendo un esforzo moi grande esta tempada co que estamos a pagar. Temos o presuposto máis modesto da categoría e nótase cando se intenta chegar a certo tipo de xogadores.

Que supón este partido?
De gañar, unha alegría importante porque serían tres puntos que nos farían moita falta. Eles están mellor clasificados e nós queremos desquitarnos desputando o partido con todas as gañas.

E a nivel persoal?
O derbi sempre se vive diferente pero eu só penso nos tres puntos.

Canito e Carlos queren cantar as corenta mañá

Te puede interesar