Baleato xa está enchufado
lll
17º-23º

Baleato xa está enchufado

Baleato xa está enchufado
Baleato Compos-col

Usuario

Un dos semifinalistas da Copa Deputación é a Sociedade Deportiva Compostela, que eliminou ao Boiro pola vía rápida (5-0). Roberto Baleato, unha das fichaxes do club santiagués neste verán, enfrontarase o domingo ao seu exequipo.

O Compos liquidou ao Boiro xa na primeira metade. De feito, ao descanso chegou cunha vantaxe de 4-0. “Na primeira parte estivemos moi ben posicionados e, a nivel defensivo, varios goles chegaron tras roubo e transición rápida. En liñas xerais creo que o equipo estivo moi ben e foi superior ao Boiro”, comenta Baleato.

Avanzada a segunda metade, Yago Iglesias moveu o banco para darlle media hora a Roberto Baleato. “Os minutos que puiden xogar atopeime ben, coa carga típica destas alturas de pretemporada pero ben”, recoñece.

“Está sendo unha pretemporada con bastante esixencia, partidos de Copa Deputación e amistosos que aumentan a carga dos adestramentos. Persoalmente, gústame competir e está sendo unha pretemporada interesante”.

Roberto Baleato aterrizou este verán na capitán  de Galicia procedente do Bergantiños. Os dous equipos volverán ser favoritos ao título de Tercera pero ambos conxuntos teñen maneiras distintas de plantexar os partidos. “Son dous equipos con estilos de xogo diferentes e maneiras de traballalos diferentes. Creo que a nivel persoal me ven moi ben poder xogar nos dous pola aprendizaxe que supón e a capacidade de adaptación que me pode aportar”, expresa o novo mediocentro do Compostela.

De Miguel Figueira a Yago Iglesias. Baleato troca de equipo e tamén de adestrador. “Esta tempada teño o mesmo rol que tiven sempre: intentar facer o meu traballo o mellor posible para axudar ao equipo, intentar rendir ben e conseguir os obxectivos colectivos para poder disfrutar dos individuais”, subliña un dos futbolistas máis importantes que incorporou o Compos.

Curiosidades do fútbol, a Copa Deputación quixo que unha das semifinais desta edición estea protagonizada polos dos últimos equipos de Baleato. “O partido do domingo xa é unha semifinal de Copa e contra un dos mellores equipos da categoría e, polo tanto, si que será especial. Se a iso sumamos que é o meu exequipo e moitos dos xogadores son amigos e foron compañeiros meus ata fai nada... Vai ser especial”, di o futbolista da SD Compostela.

Roberto Baleato non esconde a importancia da Copa Deputación. “Para nós é importante chegar á final. É un dos obxectivos que nos marcamos e tentaremos acadalo. E iso pasa polo partido do domingo”, conclúe. 

Baleato xa está enchufado

Te puede interesar