martes 07.07.2020

A Xunta publica a primeira de tres guías

A serie ‘Volvendo con sentidiño’ nace do consenso do sector deportivo galego para recuperar canto antes a normalidade 
José Ramón Lete Lasa aposta polo deporte como uns dos vehículos para que a nosa Comunidade vaia volvendo pouco a pouco á normalidade                                            | Quintana
José Ramón Lete Lasa aposta polo deporte como uns dos vehículos para que a nosa Comunidade vaia volvendo pouco a pouco á normalidade | Quintana

A Xunta de Galicia vén de publicar o primeiro número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas para poñer á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas. 

José Ramón Lete Lasa, entende a elaboración deste documento como un novo exemplo do traballo do Goberno na busca do “constante apoio e consenso en todos e cada un dos membros desta sólida sociedade da que somos responsables”. 

Tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma en Galicia, “a Xunta entende que garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”, sentenciou.

O primeiro manual enviado a todos os clubs e federacións deportivas galegas e que se pode consultar na web do Deporte galego, versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición’. 

A guía publicada onte é a primeira dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións de Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas. A ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo, controlando o risco de contaxio por coronavirus’ e a ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate’ serán entregadas ao longo desta semana.

Comentarios