A Xunta destina máis de tres millóns en patrocinio
lll
17º-23º

A Xunta destina máis de tres millóns en patrocinio

A Xunta destina máis de tres millóns en patrocinio
Entre os conxuntos subvencionados, hai representados 27 modalidades e 37 especialidades deportivas | AEC

Usuario

A Fundación Deporte Galego vén de publicar a resolución definitiva da segunda fase do undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia relativo ao exercicio de 2020. O segundo ciclo vai dirixida ás entidades galegas que contan con clubes que competiron en modalidades ou especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior onde as xornadas se desenvolveron integramente no ano 2020. A contía destinada para esta fase alcanza os 931.700 euros grazas á colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA, patrocinador oficial. Cómpre salientar que o orzamento do Goberno galego vén incrementado por unha achega da Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Equipos favorecidos
En total foron beneficiados un total de 115 equipos, sendo 48 femininos, 65 masculinos e dous mixtos.

Toda vez resolta esta parte do undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia, os conxuntos beneficiados ascenden a un global de 209 -94 femininos, 109 masculinos e 6 mixtos- cun orzamento total de máis de 3 millóns de euros (3.000.800 euros). Ademais, os clubes favorecidos representan 27 modalidades e 37 especialidades deportivas. 

Grazas a consolidación do plan e a implicación e compromiso das entidades patrocinadas, que cumpren as esixencias publicitarias establecidas pola Fundación, todos os equipos obxecto deste patrocinio serán o escaparate perfecto para demostrar que o Deporte Galego é un soporte publicitario de gran valor para exportar polo mundo a imaxe do tecido empresarial de Galicia.

A Xunta destina máis de tres millóns en patrocinio

Te puede interesar