A Xunta destina 32,5 millóns de euros para o deporte
lll
17º-23º

A Xunta destina 32,5 millóns de euros para o deporte

A Xunta destina 32,5 millóns de euros para o deporte
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, nunha imaxe recente | xunta de galicia

Usuario

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, mantivo unha xuntanza cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia na que se abordaron os principais temas con respecto ao 2021. Un ano no que a Secretaría Xeral para o Deporte contará cun orzamento total duns 32.508.729 euros, o que representa un incremento do 28,5%.

Neste sentido, o mandatario presentou ante os responsables das federacións o borrador de criterios para a asignación das contías dos convenios de colaboración para o vindeiro ano que terán aproximadamente a mesma contía que no 2020 (4,4 millóns de euros), o que representa un logro contando que a actividade deportiva non se atopa recuperada totalmente. Ademais, o secretario xeral agarda que estes convenios poidan ser sufragados no mes de marzo, grazas a súa tramitación por anticipado. 

Asemade, Lete Lasa informou ás federacións sobre as convocatorias que estarán dispoñibles para 2021 apuntando que a convocatoria a clubs e entidades contará cunha liña para gastos de desenvolvemento da actividade deportiva ordinaria cun importe de 1,9 millóns de euros e unha liña de actuación para gastos orixinados pola pandemia cun orzamento de dous millóns de euros. 

Do mesmo xeito, comunicou que se mantén a convocatoria de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos, dotada de 700.000 euros. Esta liña de axudas tamén prevé a adquisición do material sanitario inventariable para a prevención da COVID-19.

Por último, Lete Lasa recordou que o plan de auditorías 2021-24 segue o seu curso habitual e no próximo 2021 será a quenda das federacións de actividades subacuáticas, aeronáutica, atletismo, automobilismo, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, esquí náutico, fútbol, judo, loita, montañismo, natación, piragüismo, remo, taekwondo, tenis, tríatlón e vela.

A Xunta destina 32,5 millóns de euros para o deporte

Te puede interesar