Xan Rodiño, primeiro gañador na proba celebrada na Laracha
lll
17º-23º

Xan Rodiño, primeiro gañador na proba celebrada na Laracha

Xan Rodiño, primeiro gañador na proba celebrada na Laracha
Deporte Campeón-2019-09-10-022-170be45e

Usuario

Celebrouse a primeira xornada da Conferencia Noroeste da Liga de Billarda (LNB), ca proba que tivo como esceario a Área Recreativa da Cheda, no concello da Laracha. En total, participaron 45 persoas, chagadas de dirferentes puntos da provincia e tamén de localidades pontevedresas coma Bueu, Sanxenxo ou Marín.

Precisamente un competidor do Sur de Galicia foi o gañador. Xan Rodiño, do Lúa e Forza de Sanxenxo, acadou a vitoria, acabando segundo Roi, da APB Santa Marta da Laracha. Pechou o podio Viqueira, do Cochiqueiros de Malpica.

A campiona feminina foi Begoña, do Corredoiras de Bueu, sendo o mellor infantil Abel. O seu club, o Campo da Feira de Paiosaco, foi o vencedor na clasificación por equipos.

Unha vez rematada a competición celebrouse un xantar entre xogadores e familiares, onde se falou dos vindeiros proxectos dos clubes que organizan a Liga de Billarda, co obxectivo de seguir difundindo esta tradicional modalidade deportiva.

Xan Rodiño, primeiro gañador na proba celebrada na Laracha

Te puede interesar