Xan Rodiño foi o campión
lll
17º-23º

Xan Rodiño foi o campión

Xan Rodiño foi o campión
Deporte Campeón-2019-01-03-024-0fd80ac5

Usuario

O Campo da Feira de Paiosaco foi o esceario do Aberto de Fin de Ano de billarda, organizado pola Conferencia Noroeste da LNB. A vitoria viaxou ás Rías Baixas, grazas a Xan Rodiño, do Lúa e Forza de Sanxenxo.


Segundo e terceiro acabaron Eduardo García e Juan Carlos, do Campo da Feira de Paiosaco.
Tamén ao equipo anfitrión pertencen a campioa feminina, Cruz Iglesias, e o infantil, Abel Ponte.
A proba transcurriu durante unha mañá soleada e con boa afluencia de espectadores. Algún animouse a coller o palán por primeira vez, cun resultado bastante prometedor.


A final foi moi emocionante, con Eduardo García e Xan Rodiño dando un bonito espectáculo.
O Aberto resultou moi esixente, polas característas do chan e tamén polas árbores, todo un reto para os xogadores.

Unha vez rematada a competición, o Apalpador (que tamén se animou a practicar a billarda) fixo a entrega de trofeos e repartiu agasallos.


Os asistentes brindaron por un ano de éxito da billarda. E deste xeito acabou unha competición que se está a converter nun clásico destas datas e que axuda moito a difundir este deporte tradicional. l

Xan Rodiño foi o campión

Te puede interesar