Un agasallo no Nadal
lll
17º-23º

Un agasallo no Nadal

Un agasallo no Nadal
29 agosto 2019 página 16 Abegondo.- Abegondo clausura con una fiesta las actividades de natación

Usuario

O delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro, informou das resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte que se destinan aos clubs deportivos da comarca para que poidan desenvolver as súas actividades, participar en competicións e renovar o seu material deportivo. 

Neste senso, apuntou que “os clubs deportivos da Coruña e comarca recibirán máis de 400.000 euros en axudas para o desenvolvemento das súas actividades. Trátase de achegas destinadas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións escolares”. En total, 145 organizacións deportivas coruñesas pertencentes ás máis variadas disciplinas, recibirán estas axudas. 

O representante do Goberno autonómico recalcou que “o obxectivo  destas achegas é a de apoiar as actividades e a participación dos clubs en ligas ou campionatos oficiais de ámbito galego, estatal ou internacional, así como tamén facilitar o material necesario para que poidan desenvolver as súas actividades”. Segundo indicou Ovidio Rodeiro “trátase de contribuír a universalizar a práctica deportiva, que ten un papel transcendental na sociedade para a mellora da calidade de vida dos cidadáns”.

Ferrolterra
Así, o delegado territorial tamén apuntou que todas estas entidades deben conxugar o seu traballo de forma complementaria para consolidar todos os itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición, ata o alto rendemento deportivo. “Todo isto no seu conxunto cumpre unha importante tarefa na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade”, indicou. 

Tamén abundou nos cartos que se destinan aos clubs deportivos de Ferrolterra. 
Neste senso, apuntou que “os clubs deportivos de Ferrol e comarca recibirán máis de 290.000 euros en axudas para o desenvolvemento das súas actividades. En total, 80 organizacións deportivas ferroláns recibirán estas aportacións. 

Barbanza e Santiago
Tamén se informou dende a delegación provincial da Secretaría, das achegas aos clubes do Barbanza, no norte da Arousa, e da capital galega, Santiago de Compostela.

Neste senso, apuntou que “os clubs deportivos do Barbanza recibirán máis de 218.000 euros en axudas para o desenvolvemento das súas actividades. En total, 64 organizacións deportivas da comarca pertencentes recibirán estas achegas. 

En canto a Compostela, “os clubs deportivos de Santiago e comarca recibirán máis de 244.000 euros en axudas. En total, 95 organizacións deportivas santiaguesas pertencentes como nos casos anteriores ás máis variadas disciplinas, recibirán estes cartos.

En total son 1.152.000 euros para toda a provincia coruñesa, todo un agasallo de Nadal.

Un agasallo no Nadal

Te puede interesar