A Torre será escenario da primeira Copa de España
lll
17º-23º

A Torre será escenario da primeira Copa de España

A Torre será escenario da primeira Copa de España
Deporte Campeón-2019-03-21-024-9bee03e3

Usuario

A Coruña acollerá esta fin de semana a celebración da primeira edición da Copa de España de Marcha Nórdica, que coincidirá tamén co I Campionato Galego Individual desta disciplina. A proposta, que se desenvolverá na mañá do domingo 24, dá continuidade á celebración, no 2017, do Trofeo Cidade da Coruña de Marcha Nórdica, o primeiro evento oficial, en todo o Estado, desta modalidade deportiva. Nesta segunda edición do torneo, o obxectivo “é consolidar a cidade como escenario idóneo para a práctica dun deporte emerxente e inclusivo, que cada día gaña máis adeptas, especialmente mulleres de máis de 50 anos”, segundo explicou o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande.

As e os participantes de marcha nórdica, recoñecida como modalidade deportiva en xuño de 2015 pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), utilizan uns bastóns especialmente deseñados para o desenvolvemento da actividade, que se empregan como punto de propulsión co obxectivo de optimizar o esforzo físico. Dentro do perfil de usuarios desta disciplina, destácase a presenza feminina e das persoas de mediana idade. En concreto, en Galicia, o 86% das licenzas corresponden a mulleres e a persoas cunha idade media de 57 anos.

“Estamos a falar dun deporte que aposta pola introdución de hábitos saudables na vida cotiá, que se pode practicar a calquera idade e que supón un contacto directo coa natureza, como se pode comprobar habitualmente na contorna natural da Torre de Hércules”, expuxo Sande.

Precisamente este espazo, e o seu Parque Escultórico, acollerá a proba, organizada polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Montañismo, durante a mañá do domingo, entre as 10.00 e as 12.30 horas. Tal e como lembrou o edil, a iniciativa enmárcase, ademais, nos actos de celebración do X aniversario da Torre como Patrimonio Mundial.

O concelleiro estivo acompañado na presentación por Cecilia García, directora técnica da proba; Adolfo Puch, presidente da Federación Galega de Montañismo; e Marga Tarrío, vogal do Club Marcha Nórdica A Coruña, entidade colaboradora na organización. Participarán un total de 194 persoas entre as dúas competicións que terán lugar-- Copa de España de Marcha Nórdica e Campionato Galego Individual, ademais dunha modalidade popular, non competitiva, para as e os deportistas non federados--. Nesta ocasión, tal e como explicou Cecilia García, o circuíto oficial, que suma unha distancia total de 10.7 km, será circular e contará con tres voltas e media. No caso da proba popular, o grupo percorrerá 8 km, realizando só unha volta menos do mesmo percorrido que a Copa de España. As e os deportistas desta categoría portarán un dorsal de cor diferente.

Xornadas divulgativas
O día anterior, o sábado 23 de marzo, realizarase a xornada divulgativa Marcha nórdica e saúde entre as 11.00 e as 13.00 horas no salón de actos do Club do Mar, aberta á cidadanía. No primeiro faladoiro, o doutor Javier Armestoy, especialista en educación física e do deporte, abordará a Xeración de contornas saudables . 

De seguido, a doutora especialista en medicina de familia Regina Basadre tratará o Desenvolvemento da marcha nórdica para a mellora da fraxilidade nos maiores , a través da presentación dun novidoso traballo levado a cabo no centro de saúde do Ventorrillo. Finalmente, Cristina González Castro, graduada en ciencias do deporte, a saúde e o exercicio, tratará os beneficios que supón a práctica activa desta disciplina. en persoas que paceden, ou pacederon, cancro de mama.

A Torre será escenario da primeira Copa de España

Te puede interesar